Inzar
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa política que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Inzar foi unha formación política galega de esquerdas que estivo activa entre 1991 e 2012.
[editar] Historia
A súa orixe está na unificación Movemento Comunista de Galicia e da Liga Comunista Revolucionaria de Galicia que se constituíu en partido político en 1991 ligado a Izquierda Alternativa. En 1993 integrouse no BNG, sempre tivo pouco peso cuantitativo no seu interior, tiña 234 militantes (2002) e acabou por converterse nun colectivo no seo do BNG. Decidiu disolverse a principios de 2012 antes da XIII Asemblea do BNG, aínda que se escolleu o 3 de marzo como a data na que formalizar a súa desaparición [1]. Xesús Veiga Buxán, que foi deputado no Parlamento de Galicia, foi o seu dirixente máis coñecido.