Dereita Galeguista
Dereita Galeguista foi un partido galeguista de dereitas.
[editar] Traxectoria
En maio de 1935 un grupo de militantes do Partido Galeguista de Pontevedra encabezados por Xosé Filgueira Valverde marcharon do partido como protesta pola política de pactos coa esquerda e organizaron unha nova organización, coñecida como Dereita Galeguista. En febreiro de 1936, ante a incorporación formal do PG ao Frente Popular deixan o PG Vicente Risco e sete afiliados de Ourense pola mesma razón, en Santiago de Compostela uníuselles Manuel Beiras e Xosé Mosquera Pérez.
No seu manifesto fundacional declaráronse progresistas, demócratas, republicanos, cooperativistas e de orientación socialcristiano. A Dereita Galeguista fixo campaña a prol do estatuto de autonomía pero non presentou candidatos nas eleccións de 1936. Tralo alzamento, Vicente Risco adheriuse ao novo réxime franquista.