Sindicato Obreiro Galego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Sindicato Obreiro Galego (SOG) foi un sindicato galego de orientación nacionalista e de esquerdas. O seu voceiro era O Eixo e editaba outros voceiros comarcais e sectoriais.

Historia[editar | editar a fonte]

Fundouse en maio 1975 cando o Fronte Obreiro da UPG decide transformase nun sindicato. Formou parte da AN-PG. En abril de 1976 realizou a súa primeira Asemblea Xeral. Desapareceu en marzo de 1977 para dar paso á Intersindical Nacional Galega (ING) ao unificarse cos sindicatos nacionalistas e de clase de rama UTEG (Unión dos Traballadores do Ensido de Galiza), a STGM (Sindicato Traballadores Galegos do Mar), a STGAP (Sindicato dos Traballadores Galegos da Administración Pública), o UTSG (Unión dos Traballadores da Sanidade de Galiza) e a UTBG (Unión dos Traballadores da Banca de Galiza).