Esquerda Nacionalista
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esquerda Nacionalista é un partido político galego formado en 1992, integrante do BNG, conta con 9 membros no seu Consello Nacional. Conta con arredor de 600 militantes (2002)
Propugna a independencia de Galicia e a reintegración gradual do galego no portugués. EN apoiou o si no referendo sobre o tratado da Constitución Europea. Dende a súa VI Asemblea Nacional celebrada en Compostela o 30 de marzo de 2008 o seu Secretario Nacional é Xosé Chorén[1] e o seu Presidente Alberte Xullo Rodríguez Feixoo, porén unha parte da militancia non a recoñece como a VI Asemblea Nacional e Esquerda Nacionalista-Mocidade négalle a súa lexítimidade[2], motivo polo cal decidiron escindirse e deixar de ser as súas xuventudes. Os máximos órganos do partido son a Executiva Nacional e a Mesa Nacional.
EN Galiza é o seu voceiro e promove a Fundación Enclave.
[editar] Notas
- ↑ O concelleiro lugués do BNG Xosé Chorén elixido novo secretario xeral de Esquerda Nacionalista
- ↑ Esquerda Nacionalista-Mocidade cualifica de "ilegal e ilexítimo" o novo liderado de EN, Vieiros, 5 de abril de 2008