Asemblea Nacional-Popular Galega

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG) foi unha organización suprapartidaria de coordinación de diversas frontes creada en 1975. Os seus principios eran a autodeterminación, o autogoberno, o anticolonialismo, a democracia e o protagonismo das forzas políticas propias de Galiza e que tiña como obxectivo a formación dun goberno galego provisoiro tras conseguir o poder. Tiña como símbolo a bandeira galega coa estrela de cinco puntas e era a AN-PG quen convocaba as manifestacións do 25 de xullo. O periplo vital da AN-PG rematou en 1982, dando paso á formación do Bloque Nacionalista Galego (BNG).

A AN-PG era contraria a elaboración dun estatuto de autonomía por considerar que Galicia era unha colonia que tiña que acadar a soberanía por medio dunhas bases constitucionais

Ferramentas persoais
Outras linguas