Partido Galeguista (1978)
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa política que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Partido Galeguista (PG) | |
|---|---|
| Partido político da Galiza | |
| Líder | Avelino Pousa Antelo |
| Fundación | 1978 |
| Disolución | 1984 |
| Ideoloxía | Nacionalismo galego Socialdemocracia Federalismo Social-liberalismo |
O Partido Galeguista foi un partido galego fundado en 1978, reclamándose herdeiro histórico do Partido Galeguista da Segunda República Española.
Historia [editar]
Tralo fracaso electoral da coalición do Partido Popular Galego e o Partido Galego Social Demócrata, os seus dirixentes decidiron refundar o Partido Galeguista, o cal non contou co apoio dun sector do PPG contrario a dotar o partido dun contido galeguista, convocouse un Congreso Constituínte en novembro de 1978 no cal participaron membros históricos do PG como Ramón Martínez López que pasou a ser o presidente da nova formación e Avelino Pousa Antelo secretario xeral, aos oito meses Pousa Antelo pasou a ser o presidente e Luís Sobrado secretario xeral.
Para as eleccións xerais e autonómicas de 1979 integrouse en Unidade Galega e pediu o voto positivo no referendo do Estatuto de 1980. No Congreso de xuño de 1981 o PG virou á dereita, elixiu como presidente a Alfonso Álvarez Gándara e expulsou ao sector encabezado por Luís Sobrado. Nas eleccións autonómicas de 1981 presentouse en solitario e obtivo 32.623 votos (3'23%), e nas municipais de 1983 só obtivo 10.752 votos. En decembro celebrou o seu III Congreso Xosé Henrique Rodríguez Peña foi elixido novo secretario xeral e Indalecio Tizón Covelo como vicesecretario. Por dificultades económicas non se presentou ás eleccións xerais de 1983.
No Congreso extraordinario celebrado o 19 de febreiro de 1984, a instancias do seu secretario xeral Rodríguez Peña, decidiuse por 92 a 88 votos integrarse en Coalición Galega, o que supuxo a saída dos históricos Manuel Beiras e Avelino Pousa Antelo e algúns outros galeguistas históricos, que fundaron o Partido Galeguista Nacionalista.