Assembleia do Povo Unido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cabeza da manifestación do Dia da Pátria de 1991 en Compostela

A Assembleia do Povo Unido foi un partido galego independentista que se proclamaba socialista e reintegracionista formado en 1989 despois de escindirse da Frente Popular Galega un grupo nucleado en torno a Galiza Ceive-OLN. Deulle un papel fundamental á loita armada como medio de liberación nacional e foi o apoio político do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive. Disolveuse o 26 de febreiro de 1995 despois de varios anos sen apenas actividade logo que o EGPGC realizase a súa última acción armada en 1991 e de obter 1.492 votos (0.1%) nas eleccións ó Parlamento de Galicia de 1993. Porén a Assembleia da Mocidade Independentista, a organización xuvenil da APU seguíu a súa actividade política.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas