Xeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xeira
Organización da mocidade comunista galega
Historia
Fundación21 de decembro de 2013
Disolución2021
Posicións políticas
IdeoloxíaIndependentismo
Marxismo-Leninismo
Internacionalismo
Antiimperialismo
Outros datos
Na rede
xeiramocidade.org
Facebook: xeira.mocidade Twitter: Xeiramocidade Editar o valor em Wikidata

Xeira foi unha organización política da mocidade comunista galega que se definiu como marxista-leninista e independentista. O seu partido de referencia foi a Frente Popular Galega. A organización foi disolta en 2021.

Historia[editar | editar a fonte]

Xeira foi fundada o 21 de decembro de 2013 tras a culminación do Proceso MIR que sucedeu á ruptura de Adiante o 11 de novembro do mesmo ano. En abril de 2017 celebrou o seu II Congreso Nacional.[1]

A organización establecía as súas bases segundo "a Independencia Nacional en forma de República Galega, a superación do Patriarcado e a construción do Socialismo e do Comunismo no mundo".[1]

No ano 2018 o seu secretario xeral Brais Borrajo foi acusado por parte dunha militante de violación o que levou a destapar numerosos casos de acoso cara militantes e exmilitantes desta organización.[2]

En xaneiro de 2021, un sector da militancia abandonou a organización xuvenil, ficando na FPG ata a celebración do seu noveno congreso, no que intentaron conformar unha candidatura alternativa á lista proposta polo central da organización[3]. Finalmente, esta última lista foi a gañadora do congreso, sendo elixida secretaria xeral da FPG Oriana Méndez[4]. Xeira pasou a disolverse entón no seo da FPG.

Organización interna[editar | editar a fonte]

Xeira é unha organización marxista-leninista, baseada no centralismo democrático, que se organiza en grupos comarcais cuxo órgano de dirección é o Comité Central

Membros de Xeira na manifestación do 29N.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "II Congreso Nacional de Xeira". www.xeiramocidade.org. Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2018. Consultado o 2018-05-07. 
  2. "Ex-secretário geral de Xeira, Brais Borrajo, acusado de agressom sexual a várias companheiras de organizaçom". Galiza Livre (en portugués). 2018-05-09. Consultado o 2022-11-11. 
  3. Diario, Nós. "A FPG chega dividida ao seu Congreso". Nós Diario. Consultado o 2022-03-23. 
  4. Diario, Nós. "Oriana Méndez, nova secretaria xeral da FPG: "A nosa aposta pola fronte popular era e é honesta"". Nós Diario. Consultado o 2022-03-23. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]