Paracelso
| Paracelso Theophrastus Phillippus Aureolus Bombastus von Hohenheim |
|
|---|---|
Paracelso por Quentin Matsys |
|
| Nacemento | 10 de novembro de 1493 Zúric |
| Morte | 24 de setembro de 1541 Salzburgo |
| Residencia | |
| Nacionalidade | suízo/alemán |
| Campo | alquimista, médico e astrólogo |
| Alma mater | Universidade de Basilea Universidade de Viena Universidade de Ferrara |
| Coñecido por | porque se cría que lograra a transmutación do chumbo en ouro mediante procedementos alquimistas |
Theophrastus Phillippus Aureolus Bombastus von Hohenheim,[1] ou Theophrastus Bombast von Hohenheim,[2] [3] coñecido como Paracelso ou Teofrasto Paracelso foi un alquimista, médico e astrólogo suízo nado en Zúric, na Teufelsbrücke, Einsiedeln, o 10 de novembro de 1493 e finado en Salzburgo, Austria, o 24 de setembro de 1541.[4] Foi moi coñecido porque se cría que lograra a transmutación do chumbo en ouro mediante procedementos alquimistas, e por darlle ao zinc o seu nome, chamádoo zincum.[5]
O nome Paracelso (Paracelsus, en latín), que escolleu para si mesmo e polo que é xeralmente coñecido, significa "superior a Celso", un médico romano do século I.
Índice |
Biografía e obra[editar]
Naceu e foi criado en Einsiedeln (Zúric, Suíza), fillo do médico e alquimista suabo Wilhelm Bombast von Hohenheim e de nai suíza. Na súa xuventude traballou nas minas como analista. Comezou os seus estudos aos 16 anos na universidade de Basilea, proseguíndoos máis tarde en Viena. Doutorouse na universidade de Ferrara.
Paracelso estaba contra a idea que entón tiñan os médicos de que a cirurxía era unha actividade marxinal relegada aos barbeiros.
As súas investigacións volcáronse sobre todo no campo da mineraloxía. Viaxou bastante en busca do coñecemento da alquimia. Fabricou remedios ou medicamentos coa axuda dos minerais para destinalos á loita do corpo contra a enfermidade.
Outra achega á medicina moderna foi a introdución do termo sinovial; de aí o líquido sinovial, que lubrifica as articulacións.
Ademais, estudou e descubriu as características de moitas enfermidades (sífilis e bocio, entre outras) e para combatelas serviuse do xofre e o mercurio.
Dise que Paracelso foi un precursor da homeopatía, pois aseguraba que "o parello cura o parello" e nesa teoría fundamentaba a fabricación das súas medicinas.
A orde cósmica era o que lle interesaba a Paracelso en primeira instancia, e achouno na tradición astrolóxica. A doutrina do Astrum in corpore é a súa idea capital e máis querida. Fiel á concepción do home como microcosmos, puxo o firmamento no corpo do home e o designou como Astrum ou Sydus (en galego, astro ou constelación). Foi para el un ceo endosomático cuxo curso estelar non coincide co do ceo astronómico, senón coa constelación individual que comeza co "Ascendente" ou horóscopo.
Atribúeselle a paternidade do termo Espaxiria.
Un dos principios de Paracelso foi: "unicamente un home virtuoso pode ser bo médico"; para el a medicina tiña catro piares:
- Astronomía.
- Ciencias naturais.
- Química.
- O amor.
Introduciu o uso do láudano.
O seu principal libro foi A gran cirurxía (Die Grosse Wundartzney).
A pesar de que gañou bastantes inimigos e tivo fama de mago, contribuíu en gran maneira a que a medicina seguira un camiño máis científico e se afastase das teorías dos escolásticos.
Tamén achegou datos alquímicos. A Paracelso atribuíselle a idea de que os catro elementos (terra, lume, aire e auga) pertencían a criaturas fantásticas que xa existían antes do mundo. Así pois, a terra pertencería aos gnomos, a auga ás nereidas (ninfas acuáticas), o aire aos silfos (espíritos do vento) e o lume ás salamántigas (fadas de lume).
Igualmente, Paracelso aceptou os temperamentos galénicos e os asociou aos catro sabores fundamentais.
Esta asociación tivo tal difusión na súa época que aínda hoxe en día, na linguaxe coloquial, nos referimos a un carácter doce (tranquilo, flegmático), amargo (colérico), salgado (sanguíneo, dicharacheiro) e o carácter ácido pertencería ao temperamento melancólico.
Notas[editar]
- ↑ Debus, A. G. (1993): Paracelsus, Five Hundred Years. Paracelsus and the medical revolution of the Renaissance. Bethseda, Maryland: Hahnemann University Library, National Library of Medicine e Escola de Medicina da Universidade de Washington, páx. 4. Paracelsus.PDF
- ↑ Schüller Pérez, Amador (2004): Real Academia Nacional de Medicina de España. PDF Anales de la Real Academia Nacional de Medicina, tomo CXXI, caderno IV, páx., 676.
- ↑ Asimov, Isaac: Introducción a la ciencia. Volume 1. Barcelona: Orbis. ISBN 978-84-7634-117-9, páxs. 117-119.
- ↑ Jung, C. G.: Obra completa. Volume 15. Sobre el fenómeno del espíritu en el arte y en la ciencia. Paracelso. 3, § 1. Madrid: Editorial Trotta.
- ↑ Habashi, Fathi: "Discovering the 8th Metal" in International Zinc Association (IZA) PDF.
Véxase tamén[editar]
Bibliografía[editar]
- Obras de Paracelso
- Paracelso. Botánica oculta: las plantas mágicas según Paracelso. ISBN 978-84-9761-275-3.
- –. Textos esenciales. ISBN 978-84-7844-567-7.
- –. La naturaleza de las cosas. ISBN 978-84-9777-342-3.
- –. Diccionario de botánica oculta: las plantas mágicas. ISBN 978-84-7175-529-2.
- –. Los misterios de los signos del zodíaco: medicinas celestiales. Cura mágica de enfermedades con sellos grabados en metales. ISBN 978-84-7910-383-5.
- –. La aplicación de la magia divina: la filosofía oculta. ISBN 978-84-7910-381-1.
- –. Los secretos de la alquimia: el arte oculto revelado en la naturaleza de los planetas. ISBN 978-84-7910-380-4.
- –. Libro de las ninfas, los silfos, los pigmeos, las salamandras y los demás espíritus. ISBN 978-84-9777-043-9.
- –. Las plantas mágicas: botánica oculta. ISBN 978-84-7910-037-7.
- –. Manual de la Piedra Filosofal y otros textos alquímicos. ISBN 978-84-88865-28-1.
- –. Paracelso: Obras Completas. ISBN 978-84-7672-264-0.
- –. Botánica oculta: las plantas mágicas. ISBN 978-950-17-0611-6.
- –. Tres tratados esotéricos. ISBN 978-84-85316-00-7.
- –. Obras Completas (Opera Omnia). ISBN 978-84-86307-45-5.
- Sobre Paracelso
- Agamben, Giorgio. Signatura rerum: sobre el método. ISBN 978-987-1556-17-5.
- Jung, Carl Gustav. Obras completas. Volumen 13. Estudios Sobre Representaciones Alquímicas. Paracelso como fenómeno espiritual (1942).
- —. Obras completas. Volumen 15. Sobre el fenómeno del espíritu en el arte y en la ciencia. Paracelso (1929). Paracelso como médico (1941/1942). ISBN 978-84-8164-300-8/ ISBN 978-84-8164-342-8.
- Puerto, Javier. Paracelso: el hombre en llamas. ISBN 978-84-95599-24-7.
- Riviere, Patrick. Paracelso. ISBN 978-84-315-2642-9.
- Yates, F.A.. El iluminismo rosacruz. ISBN 978-84-9841-176-6.
Outros artigos[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Paracelso na Biblioteca Upasika (en castelán).
- "Censura y Paracelsismo durante el Reinado de Felipe II" por Rodríguez Guerrero, José en Azogue, nº 4, 2001. (en castelán).
- EEskenazi. Reflexións sobre as súas obras (en castelán).
- "Paracelso: médico, filósofo, teólogo, profeta e reformador social". Conferencia de Delmar Domingos de Carvalho o día 1 de novembro de 1993, no 500º aniversario do seu nacemento. Fraternidade Rosacruz (en portugués).