Karl Malone

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Karl Malone
Posición Ala-pivote
Dorsal 32, 11
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso 120 kg (265 lb)
Nacemento 24 de xullo de 1963 (51 anos)
Flag of Louisiana.svg Summerfield, Luisiana
Carreira
Tempadas 19852004
NBA Draft 1985 / Rolda: 1 / Elección: 13

Escollido por Utah Jazz

Universidade Louisiana Tech
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     36 928
Rebotes     14 968
Asitencias     5 238
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
Basketball Hall of Fame como xogador

Karl Anthony Malone, nado o 24 de xullo de 1963 en Summerfield, Luisiana, é un ex-xogador de baloncesto estadounidense que disputou 19 tempadas na NBA, 18 delas nos Utah Jazz, onde formou, xunto coa base John Stockton, unha das parellas máis relevantes da historia da NBA.[1] Ao longo da súa carreira conseguiu dúas medallas de ouro en Xogos Olímpicos,[2] sendo ademais o terceiro xogador que máis veces estivo seleccionado para disputar o All-Star Game da NBA con 14 convocatorias, só por detrás de Kareem Abdul-Jabbar e Shaquille O'Neal, e empatado con Michael Jordan e Jerry West.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Xogou durante tres tempadas cos os Bulldogs da Universidade Tecnolóxica de Louisiana, nas que fixo 18,7 puntos e 9,3 rebotes por partido.[3] En 1983 foi elixido como mellor xogador da Southland Conference,[4] sendo elixido ademais en dúas ocasións no mellor quinteto do torneo da conferencia.[5]

Profesional[editar | editar a fonte]

A súa elección no Draft (1985)[editar | editar a fonte]

Foi elixido na décimo terceira posición do Draft da NBA de 1985 por Utah Jazz,[6] pero a súa elección e posterior contratación non foi sinxela. O xefe de observadores dos Jazz, Scott Layden e o entón adestrador asistente Jerry Sloan barallaban unha serie de nomes para un posto tan baixo como o 13 no draft, xente como Bill Wennington, Charles Oakley ou Terry Porter, pero pouco antes do día da elección souberon das habilidades dun xogador proveniente dunha conferencia menor, a Southland, pero practicamente descartárona dando por feito que os Washington Bullets, que elixían no posto 12, adiantaríaselles. Ademais, houbo un pequeno conflito co axente de Malone, xa que este consideraba aos Jazz como malos pagadores, tras a polémica suscitada un ano antes con Adrian Dantley e o seu axente, pero un torneo celebrado en Dallas entre profesionais e amateurs acabou despexando todas as dúbidas: o xogador fixo 18 puntos e colleu 13 rebotes tendo en fronte a outro xogador do seu mesmo apelido, Moses Malone, feito que finalmente decantaría a súa elección.[7] O feito de que xogadores como Benoit Benjamin, Jon Koncak, Joe Kleine ou Ed Pinckney fosen elixidos antes que el demostran o escaso interese de moitos equipos por xogadores de universidades pequenas como Louisiana Tech.[8]

Un equipo ao redor de Malone (1986-1992)[editar | editar a fonte]

A súa chegada á liga confirmou as esperanzas depositadas nel. Na súa primeira tempada promedió 14,9 puntos, 8,9 rebotes e 2,9 asistencias por partido xogando como titular en 76 dos 81 partidos que disputou,[9] o que lle supuxo ser incluído no mellor quinteto de rookies.[10]

Nos Jazz formou parella coa base John Stockton. Xuntos formaron un dúo que interpretaba o pick and roll. Karl Malone chegou a xogar nos playoffs en cada unha das súas 19 tempadas, o que lle permitiu ser actualmente o segundo mellor anotador de todos os tempos só por detrás do pivote Kareem Abdul-Jabbar. Chegou a xogar dúas finais consecutivas, en 1997 e 1998, pero non puido chegar a conseguir o anel de campión debido a que o seu equipo perdeu cos Chicago Bulls de Michael Jordan e Scottie Pippen. A pesar diso logrou ser elixido dúas veces MVP durante a súa carreira.

En 2003, tras a retirada do seu compañeiro de equipo e amigo John Stockton, Karl Malone decidiu deixar o equipo en busca do anel de campión. Para iso decidiu fichar por Los Angeles Lakers, equipo no que coincidiu con Kobe Bryant, Shaquille O'Neal, Gary Payton (dando lugar ao chamados "catro magníficos") e o adestrador Phil Jackson (gañador de 6 aneis cos Bulls nos 90). Pero non tivo o éxito esperado, pasou gran parte da tempada con problemas de lesións. Tras un gran esforzo chegouse ás esperadas finais onde, os Detroit Pistons gañaron aos Lakers, perdendo así a posibilidade do anel. Na tempada 2004-2005 especulouse co seu regreso pero finalmente este non se deu. É considerado como un posible futuro membro do Hall of Fame da NBA e foi incluído en 1997 entre os 50 mellores xogadores da historia da NBA. A súa camiseta foi retirada polos Utah Jazz.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]