Declaración de Balfour de 1917

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arthur James Balfour.

A Declaración Balfour foi unha manifestación formal do goberno británico publicada o 2 de novembro de 1917 na que o Reino Unido se declaraba favorable á creación dun lar nacional xudeu en Palestina. O formato do documento é unha carta asinada polo Secretario de Relacións Exteriores británico (Foreign Office), Arthur James Balfour e dirixida ao barón Lionel Walter Rothschild, un líder da comunidade xudía en Gran Bretaña, para a súa transmisión á Federación Sionista de Gran Bretaña e Irlanda. A Declaración, onde o goberno británico decidiu apoiar a creación dun lar xudeu no seu Mandato,[1] é considerada como o primeiro recoñecemento dunha potencia mundial dos dereitos do pobo xudeu sobre a Terra de Israel.[2]

A Declaración Balfour foi incorporada no Tratado de paz de Sèvres entre Turquía e os Aliados. O documento orixinal consérvase na Biblioteca Británica.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]