Theodor Herzl
Biniamin Zeev 'Theodor' Herzl, nado en Budapest o 2 de maio de 1860 e finado o o 3 de xullo de 1904, foi un escritor húngaro e fundador do sionismo.
[editar] Traxectoria
Naceu no seo dunha familia xudía sefardita de orixe española. Ó cumprir 18 anos, a súa familia trasládase a Viena, onde se dedica a estudiar Dereito, obtendo o Doutorado en en 1884.
Traballou como escritor, dramaturgo e xornalista. Chega a París para traballar no Neue Frei Presse como corresponsal, e aló segue o caso Dreyfus. En 1896 escribe "Der Judenstaat" - "O Estado Xudeo", no que propon que a cuestión xudía era un asunto de política internacional e do dereito Internacional Público e que como tal debía ser asumido.
Promove a creación da OSM (Organización Sionista Mundial) e organiza o Primeiro Congreso Sionista en 1897. En 1902 publica "Alteneuland" - A vella nova terra - onde presenta ó futuro Estado Xudeo como unha utopía socialista.
Falece o 3 de xullo de 1904 de pneumonía.