David Cal Figueroa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
David Cal.

David Cal Figueroa, nado o 10 de outubro de 1982 en Vilariño (Cangas), é un piragüista galego, especialista nas categorías C1-1000 metros e C1-500 metros e cádruplo medallista olímpico.

Índice

[editar] Características

David Cal ten unha estatura media (1,83) e unha gran fortaleza (91 kgs), e pode erguer ata 160 quilos. É psicoloxicamente moi resistente, calado e coñecido pola súa timidez.

As especialidades de David Cal son o C1-500 metros e o C1-1000 metros.

[editar] Traxectoria deportiva

[editar] Formación

Aos 8 anos iniciouse no mundo do piragüismo, competindo durante os veráns no clube local, onde coñeceu a Xesús Morlán, o seu adestrador actual.

DavidCal.jpg
Medallas olímpicas
Ouro C-1000 Atenas 2004
Prata C-500 Atenas 2004
Prata C-1000 Beijing 2008
Prata C-500 Beijing 2008

David Cal é unha das máximas figuras mundiais do deporte do piragüismo. Ademais, é o único galego medallista olímpico de ouro nun deporte individual, e o único deportista galego que conseguiu dúas medallas olímpicas, un ouro e unha prata, nos mesmos xogos, neste caso os de Atenas 2004.

Con iúnior, con só 18 anos, Cal foi bronce no campionato mundial do seu tempo desputado en Zagreb en 1999. Xa daquela competía en C1. Ao ano seguinte proclamouse campión europeo iúnior en Boulogne (Francia) na categoría curta dos C1-500 así como a medalla de bronce na proba longa do C1-1000. Ademais, acudiu como reserva, pero sen participar, aos Xogos de Sydney dese 2000. En 2002, xa como sub-23, Cal conseguiu o bronce nos europeos de Zagreb sobre os 500 metros.

A súa primeira medalla internacional na categoría absoluta conseguiuna en 2003, nos mundiais de Gainesville, onde obtivo a prata nos 1000m.

[editar] Atenas 2004

Nos Xogos de Atenas Cal gañou a primeira serie dos 1000 metros cun tempo de 3'50"091, e cualificouse directamente para as finais. Na final, superou a todos os seus rivais, e en especial o favorito alemán Andreas Dittmer dende o comezo ata o final da proba. Ademais conseguiu o record do mundo na distancia, cun tempo de 3'46"201, 0.52 segundos por diante de Dittmer.

na proba curta dos 500 metros, Cal tamén gañou a clasificación directa para a final impoñéndose na primeira serie, cun tempo de 1'48"397. Pero na final Dittmer rematou con 0'34 segundos por diante de Cal, que foi prata.

[editar] Cara a Beixín 2008

Nos mundiais de 2005, en Zagreb, Cal conseguiu a prata na proba longa do quilómetro (3'58"421), por detrás de Dittmer., mentres que na proba curta dos 500m non podía pasar da sétima praza, cun tempo de 1'50"361. Nesta proba o ouro tamén foi para Andreas Dittmer.

Nos europeos de 2006, en Račice, República Checa, obtivo a sexta e a quinta praza nas finais de 1000 e 500 metros, respectivamente.

Nos mundiais de 2007, en Duisburgo (Alemaña), obtivo o ouro en 500 metros e o bronce en 1000 m, co que obtivo a clasificación directa para a desputa dos Xogos Olímpicos nas dúas especialidades.

Nos Xogos Olímpicos de Pekín 2008 participou en C1 500 y C1 1000 m, gañando nas dúas probas a prata. Ademais foi o abandeirado do equipo español na cerimonia de apertura.


Predecesor:
Maxim Opalev
Med 1.png Campión do mundo de piragüismo
C1 500m

2007 en Duisburgo
Sucesor:
-

[editar] Principais clasificacións

Campionato Proba Posición Data Título Tempo
Xogos Olímpicos, (Pequín) C1-500 2 19 de agosto de 2008 Prata 1'48"397
Xogos Olímpicos, (Pequín) C1-1000 2 18 de agosto de 2008 Prata 3'52"751
Campionato do mundo, (Duisburgo, Alemaña) C1-500 1 12 de agosto de 2007 Ouro 1'47"187
Campionato do mundo, (Duisburgo, Alemaña) C1-1000 3 11 de agosto de 2007 Bronce 4'11"057
Campionato do mundo, (Zagreb, Croacia) C1-1000 2 27 de agosto de 2005 Subcampión 3'58"421
Xogos Olímpicos, (Atenas) C1-500 2 28 de agosto de 2004 Prata 1'46"723
Xogos Olímpicos, (Atenas) C1-1000 1 27 de agosto de 2004 Ouro 3'46"201
Campionato de Europa, (Poznan, Polonia) C1-1000 2 2004 Subcampión
Campionato do mundo, (Gainesville, Estados Unidos) C1-1000 2 2003 Subcampión

[editar] Carreira política

David Cal tivo entre 2005 e 2009 diversos enfrontamentos coa Consellería de Cultura e Deportes mentres a dirixía Ánxela Bugallo (BNG), mentres recibía o apoio explícito da Deputación de Pontevedra, daquela gobernada polo Partido Popular. En outubro de 2010 anúnciase que concorrerá nas listas desta última formación ás municipais de 2011 no concello de Pontevedra[1].

[editar] Outros galardóns

[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazón externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas