Chad - Tchad
| République du Tchad جمهوريّة تشاد Yumhūriyyat Tashād República do Chad |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
O Chad é un país africano, limitado ao norte pola Libia, ao leste polo Sudán, ao sur pola República Centroafricana e ao oeste por Camerún, Nixeria e mailo Níxer. Capital: Xamena.
Índice |
Historia [editar]
Do mesmo xeito que a maioría do mundo, a área actualmente coñecida como Chad comezou como un grupo desconectado de tribos. Eventualmente estas tribos foron tomadas por reinos. Chad foi controlada por algúns reinos débiles ata ser tomado polo maior, pero aínda africano, Imperio Kanem-Bornu.
Logo, os estranxeiros comezaron a ter maior influencia sobre Chad. Comezando na idade media, Chad converteuse nun cruzamento de rutas entre os mercadores musulmáns e as tribos nativas. En 1891 Chad converteuse en parte do Imperio colonial francés. Durante a Segunda Guerra Mundial, Chad foi a primeira colonia francesa en unirse aos aliados. En 1960 Chad foi convertido pacíficamente nun país independente.
En 1965 unha guerra civil comezou como unha sublevación de impostos do norte musulmán. A guerra foi longa e custosa. Durou ata 1998, en cuxo momento foi escrita a constitución e Idriss Déby foi elixido presidente.
Goberno e política [editar]
- Artigo principal: Goberno e política de Chad.
Tras a independencia estableceuse un sistema de partido único. A guerra civil de 1979 a 1982 entre o norte e o sur involucrou a tropas de Libia e Francia. En 1975 e 1982 houbo golpes de estado, o último a cargo de Hisséne Haberei, á súa vez derrubado por Idriss Déby en 1990. En 1992 legalizáronse os partidos políticos. Déby foi elixido presidente en 1996 e tivo que enfrontar unha rebelión dos nómades Toubou, radicados no norte do país.
Organización político-administrativa [editar]
- Artigo principal: Organización territorial de Chad.
Chad divídese en 18 rexións.
- Batha
- Borkou-Ennedi-Tibesti
- Chari-Baguirmi
- Guéra
- Hadjer-Lamis
- Kanem
- Lac
- Logone Occidental
- Logone Oriental
- Mandoul
- Maio-Kebbi Leste
- Maio-Kebbi Oeste
- Moyen-Chari
- Ouaddaï (Abéché)
- Salamat
- Tandjilé
- Wadi Fira
- Iamena
Xeografía [editar]
Chad atópase situado na parte máis oriental do deserto do Sahara, e é unha nación que non ten saída ao mar. Limita ao norte con Libia, ao leste con Sudán, ao sur coa República Centroafricana e ao oeste con Camerún, Níxer e Nixeria, esta última a través do lago Chad. O país conta con dúas zonas ben diferenciadas: a norte atópase dominada polo deserto, atopándose nos puntos máis setentrionais o Macizo de Tibesti. O sur é máis chairo e conta con maior vexetación. Hai que sinalar que na metade norte a poboación predominante é a árabe, mentres que no sur predominan as etnias africanas como os Sara.
Como é lóxico, os principais ríos do país van desde o sur do mesmo cara ao norte, desembocando moitos no lago Chad. Os principais ríos de Chad son o Chari e o Logone.
Economía [editar]
- Artigo principal: Economía de Chad.
Demografía [editar]
Ao ano 2007, Chad ten unha poboación de 9.885.000 habitantes. A metade concéntrase no sur. No norte só habitan grupos nómades. Os musulmáns son o 50%, o 43% ten crenzas tradicionais e o 7% é cristián. Os idiomas oficiais son o francés e o árabe, aínda que se falan máis de 120 linguas e dialectos. A esperanza de vida é de 47 anos. A media de fillos por muller é de 5,56 unha das taxas máis altas do mundo, o cal provoca un incremento da poboación moi elevado. O 47.5% da poboación está alfabetizada.
Cultura [editar]
En Chad a relixión con máis crentes é o Islam. Os musulmáns supoñen aproximadamente a metade da poboación, e forman un grupo homoxéneo que vive principalmente no norte do país. Pola contra, o resto da poboación, que vive na metade sur do país, é un grupo máis heteroxéneo dentro do cal podemos distinguir dous grandes grupos: os católicos e os seguidores de relixións animistas tradicionais de África. Os primeiros destes últimos supón aproximadamente un 7% da poboación sendo o resto seguidores de relixións animistas tradicionais de África.
Festas [editar]
| Data | Nome en galego |
| 1 de xaneiro | Ano Novo |
| 1 de maio | Día do traballo |
| 11 de agosto | Día da Independencia |
| 28 de novembro | Proclamación do día da República |
| 1 de decembro | Día da liberdade e a democracia |
Tópicos diversos [editar]
Notas [editar]
|
||||||||