Economía do Chad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Chad
Moeda Franco CFA de África Central
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Unión Africana
Datos estatísticos[1]
PIB 28 mil millóns (2013)
Posición do PIB 118ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 3.9% (2013)
PIB per cápita 2 500 (2013)
PIB por sector agricultura 46.3%, industria 9.9%, servizos 43.8% (2013)
Inflación 4.5% (2013)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 4.293.000 (2007)
Forza de traballo por sector agricultura 80%, industria e servizos 20% (2006)
Desemprego dato non dispoñíbel
Industrias petróleo, téxtiles de algodón, carnes embutidas, cervexa, carbonato de sodio, xabón, cigarros, materiais de construción
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 3 865 millóns (2013)
Produtos de exportación petróleo, gando, algodón, goma arábiga
Principais mercados Estados Unidos 81.9%, República Popular da China 6.7% (2012)
Importacións 2 701 millóns (2013)
Principais produtos importados máquinas e equipamentos de transporte, bens industriais, alimentos, téxtiles
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 1 828 millóns (2013)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible
Comercio de artigos de coiro en Abéché, Chad.

A economía do Chad aínda depende da agricultura de subsistencia, pero hai perspectivas coa explotación do petróleo. As primeiras reservas comezaron a ser exploradas en outubro de 2003 O país posúe abundantes xacementos, principalmente na conca de Doba. Un oleoduto transporta o petróleo ata beiras do océano Atlántico, no Camerún.

O país tamén posúe uranio, aínda que non é explotado.

Na rexión tropical do sur prodúcese algodón que é industrializado no país, e ten potencial para outros tipos de cultivos tamén. Outros cultivos importantes no país son o sorgo, arroz, patacas, mandioca. Outras industrias importantes son a industria téxtil e o envasado de carnes.

O Índice de Desenvolvemento Humano da ONU coloca o país como o 5º máis pobre do mundo, xa que o 80% da súa poboación vive debaixo do limiar de pobreza.

As exportacións de algodón, gando e goma arábiga son as máis importantes fontes de ingresos externos despois do petróleo. Tamén o diñeiro enviado por traballadores no exterior é unha importante fonte de ingresos. Ademais o país é dependente de axuda estranxeira e capital externo para os investimentos públicos e privados.[1]

Recentemente a economía foi afectada polo alto custo de repatriar persoas que fuxiron da violencia no Sudán do Sur e na República Centroafricana. Os principais obstáculos aos investimentos son as infraestruturas limitadas, poucos traballadores cualificados, excesiva burocracia e corrupción.[1]

O principal socio comercial de Chad é a Unión Europea.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 CIA. "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2020. Consultado o 6 de xullo de 2014. 
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).