Río Chari

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chari
View of Chari.jpg
Vista do Chari
País República Centrofricana, Camerún, Chad
Rexión n/d
Nacemento Mbala
Altitude n/d
Lonxitude 1.200 km
Caudal medio 537 m3/s
Conca 548.747 km2
Desembocadura Lago Chad

O Chari (en árabe نهر شاري Bahr Xari, valendo bahr por "río") é un río da África Central, que verte as súas augas no lago Chad, despois de percorrer 1.200 km.

[Ficheiro:charirivermap.png|thumb|A bacía do río Chari.]

A bacía do río Chari.

Descrición[editar | editar a fonte]

O Chari nace na República Centroafricana, cerca da localidade de Mbala, e logo de atravesar o Chad, con percorrido sinuoso, desemboca no lago Chad. O caudal que o Chari desauga representa o 90 % dos contributos hídricos do lago. Na última parte do seu curso, desde a cidade de Ndjamena, o Chari marca a fronteira entre Chad e Camerún. A súa conca cobre unha área de 548.747 km2.

O Chari é a fonte dunha importante actividade pesqueira. O peixe máis abundante é a perca do Nilo.

Afluentes[editar | editar a fonte]

Os tributarios principais do Chari son:

Brazos[editar | editar a fonte]

No seu curso, o río crea varias correntes secundarias ou brazos, dos que cómpre destacar os seguintes:

Localidades que atravesa[editar | editar a fonte]

Ás beiras do Chari fican as seguintes localidades a destacar:

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Chari