Campionato do Mundo de Ciclismo en Ruta de 2015

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Campionato do Mundo de Ciclismo en Ruta
Fundación1984
RexiónInternacional
OrganizadorUCI
Data19-27 de setembro de 2015
Sitio webrichmond2015.com

O Campionato do Mundo de Ciclismo en Ruta de 2015 foi a 82ª edición do Campionato do Mundo de Ciclismo en Ruta. O campionato celebrouse entre o día 19 e o día 27 de setembro de 2015 na cidade de Richmond, capital do estado de Virxinia, Estados Unidos de América.

Elección da sede[editar | editar a fonte]

Cando a UCI pechou o prazo o 20 de febreiro de 2011, tres países expresaron a súa intención de celebrar os campionatos.

  • Richmond, Virxinia, Estados Unidos de América Estados Unidos: anunciou a súa candidatura nunha conferencia oficial de prensa o 21 de decembro de 2010.
  • Omán: Durante o Tour de Omán de 2011, o organizador da carreira Eddy Merckx confirmou que o país árabe quería organizar os Campionatos do Mundo de Ciclismo en Ruta 2015. El ofreceu o seu apoio e os medios de comunicación indicando que isto podería ter un papel clave na organización dos campionatos.
  • Cidade do Quebec, Quebec, Canadá: ofreceuse para a organización das carreiras despois da petición do presidente da Unión Ciclista Internacional, Pat McQuaid. Quebec foi a única cidade canadense que entrou na batalla polos campionatos. Presentou a candidatura o 7 de novembro do 2010. En 2011, citando o alto custo da organización (20 millóns de $) Quebec retirouse.

O 21 de setembro de 2011, Richmond foi seleccionada como a cidade organizadora.

Clasificación[editar | editar a fonte]

A clasificación principal baseouse en actuacións nos eventos UCI durante a tempada 2015. Os resultados de xaneiro ao 15 de agosto contaron para os criterios de clasificación.

Clasificación olímpica[editar | editar a fonte]

As contra reloxos individuais masculina e feminina forman parte do sistema de clasificación destas modalidades para os Xogos Olímpicos de 2016 en Río de Xaneiro.

Federacións participantes[editar | editar a fonte]

Nas competicións rexistráronse ciclistas de 76 federacións diferentes.

Listaxe de nacións participantes

Horarios[editar | editar a fonte]

Todas as carreiras comezaron e remataron en Richmond na franxa horaria UTC-4.

Data Comezo Final Evento Distancia
Contrarreloxos por equipos
20 de setembro
11:30 12:55 Equipos femininos 38,6 km
13:30 15:35 Equipos masculinos 38,6 km
Contrarreloxos individuais
21 de setembro
10:00 11:10 Júnior feminino 15 km
11:30 15:50 Sub-23 masculino 30 km
22 de setembro
9:30 13:05 Júnior masculino 30 km
13:30 16:45 Elite feminino 30 km
23 de setembro
13:00 15:30 Elite masculino 53 km
Probas en liña
25 de setembro
10:00 11:10 Júnior feminino 64,9 km (4 voltas)
11:30 16:50 Sub-23 masculino 162,2 km (10 voltas)
26 de setembro
9:00 12:15 Júnior masculino 129,6 km (8 voltas)
13:00 16:25 Elite feminino 129,6 km (8 voltas)
27 de setembro
9:00 15:40 Elite masculino 259,2 km (16 voltas)

Resultados[editar | editar a fonte]

Eventos elite[editar | editar a fonte]

Maillot arco da vella co que se premia ao gañador das carreiras en liña.
Maillot arco da vella co que se premia ao gañador das carreiras contra o reloxo.
Evento Ouro Prata Bronce
Eventos masculinos
Ruta elite Eslovaquia Peter Sagan - 6h 14' 37" Australia Michael Matthews - +3" Lituania Ramūnas Navardauskas - m.t.
Contra o reloxo elite individual Belarús Vasil Kiryienka - 1h 02' 29.45" Italia Adriano Malori - +9.08" Francia Jérôme Coppel - +26.62"
Contra o reloxo elite por equipos BMC Racing Team - 42' 07.97" Bélxica Etixx-Quick Step - +11.35" España Movistar Team - +30.11"
Eventos femininos
Ruta elite Elizabeth Armitstead - 3h 23' 56" Países Baixos Anna van der Breggen - m.t. Megan Guarnier - m.t.
Contra o reloxo elite individual Linda Villumsen - 40' 29.87" Países Baixos Anna van der Breggen - +2.54" Alemaña Lisa Brennauer - +5.26"
Contra o reloxo elite por equipos Alemaña Velocio-SRAM - 47' 35.87" Países Baixos Boels-Dolmans - +6.66" Países Baixos Rabo-Liv - +56.12"

Eventos sub-23[editar | editar a fonte]

Evento Ouro Prata Bronce
Ruta sub-23 Francia Kévin Ledanois - 3h 54' 45" Italia Simone Consonni - m.t. Francia Anthony Turgis - +2"
Contra o reloxo sub-23 Dinamarca Mads Würtz Schmidt - 37' 10.96" Alemaña Maximilian Schachmann - +12.20" Alemaña Lennard Kämna - +21.02"

Eventos júnior[editar | editar a fonte]

Evento Ouro Prata Bronce
Eventos masculinos
Ruta júnior Austria Felix Gall - 3h 11' 09" Francia Clément Bétouigt-Suire - m.t. Dinamarca Rasmus Pedersen - +1"
Contra o reloxo júnior Alemaña Leo Appelt - 37' 45.01" Adrien Costa - +17.22" Brandon McNulty - +59.74"
Eventos femininos
Ruta júnior Chloe Dygert - 1h 42' 16" Emma White - +1' 23" Polonia Agnieszka Skalniak - +1' 28"
Contra o reloxo júnior Chloe Dygert - 20' 18.47" Emma White - +1' 05.53" Australia Anna-Leeza Hull - +1' 26.08"

Medalleiro[editar | editar a fonte]

Posición País Ouro Prata Bronce Total
1 Estados Unidos de América Estados Unidos 3 3 2 8
2 Alemaña Alemaña 2 1 2 5
3 Francia 1 1 2 4
4 Dinamarca Dinamarca 1 0 1 2
5 Eslovaquia Eslovaquia 1 0 0 1
5 Belarús Belarús 1 0 0 1
5 Reino Unido Reino Unido 1 0 0 1
5 Nova Zelandia Nova Zelandia 1 0 0 1
5 Austria Austria 1 0 0 1
10 Países Baixos Países Baixos 0 3 1 4
11 Italia Italia 0 2 0 2
12 Australia Australia 0 1 1 1
13 Bélxica Bélxica 0 1 0 1
14 Lituania Lituania 0 0 1 1
14 España España 0 0 1 1
14 Polonia Polonia 0 0 1 1

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]