Peter Sagan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Peter Sagan no Tour de Romandía 2010.

Peter Sagan, nado en Žilina o 26 de xaneiro de 1990, é un ciclista eslovaco. Fíxose profesional en 2009, e en pouco tempo gañou sona como especialista en clásicas e finais en sprint, tamén ten boas cualidades como contrarreloxista, sendo quen de bater a Fabian Cancellara no prólogo da Volta a Suíza 2011. Caracterízase por ser un corredor atrevido e con moito equilibrio enriba da bicicleta, ademais de rodar de maneira moi espectacular.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como moitos xoves comenzou destacando no ciclocross e no mountain bike en categorías inferiores. En 2008 adxudicouse o Campionato do Mundo e de Europa de Ciclismo de Montaña, e un ano antes foi terceiro en ámbolos dous campionatos, ademais doutros resultados e vitorias destacadas en categoría junior. No ano 2009, sendo aínda junior, foi fichado polo equipo Continental Dukla Trencin Merida.

2010[editar | editar a fonte]

No 2010, uniuse ao equipo do ProTour Liquigas. A súa primeira carreira con este equipo foi o Tour Down Under, durante o cal escapouse en grupo xunto a Cadel Evans, Alejandro Valverde e Luis León Sánchez na etapa raíña.[1] Na París-Niza acadou 2 vitorias, batendo corredores como Valverde e Joaquim Rodríguez. No Tour de California gañou no Big Bear Lake, unha etapa de 4.500 metros de desnivel.

2011[editar | editar a fonte]

En 2011 converteuse nunha das estrelas do pelotón internacional, seendo, con 15 victorias, o segundo no ranking de victorias, só superado por Philippe Gilbert. Consolidouse como un gañador de regularidades en calquera carrera que corre. Na Volta a Suíza gañou una etapa de alta montaña superando un coloso como o Grosse Scheidegg. Gañou 2 voltas por etapas, e estrenouse nas grandes voltas cun triplete, sendo o que máis etapas gaña nesa edición da Volta a España. Memorable seu descenso en Córdoba, ao plantarse na meta con tres compañeiros de equipo e só Pablo Lastras puido aguantar ese descenso vertixinoso. Unha semana despois do final da Volta venceu na súa primera "clásica" en Prato. Á semana seguinde foi 12º no mundial de Copenhague.

2012[editar | editar a fonte]

En 2012 volveu mostrar unha notable melloría. Na Tirreno-Adriático venceu a etapa de Chieti cun quilómetro final durísimo. Nas clásicas de primavera consolidouse como un dos grandes especialistas en carreiras clásicas do momento, sendo 2º en Gante-Wevelgem, 3º en Amstel Gold Race, 4º en Milán-San Remo e 5º no Tour de Flandes.

Nese mesmo ano no Tour de California tivo unha grande actuación, vencendo en 5 das 8 etapas desputadas e quedando 2º no Big Bear Lake. No prólogo da Volta a Suíza derrotou a Fabian Cancellara, invicto nese recorrido os 4 últimos anos, o que supuxo a primeira vitoria contra o cronómetro do corredor eslovaco, que finalmente levaría 3 etapas máis e a regularidade. Varios días despois revalidaría o título de campión de ruta do seu país.

No debut no Tour de Francia tardou ben pouco en levar a súa primeira etapa: tras un prólogo peor do esperado, venceu na primeira etapa en liña, para ganar outras 2 etapas máis na primeira semana e lucir dende a etapa 2 ata a fin nos Campos Elíseos o maillot verde. Porén, dende o Tour de Francia non conseguiu ningunha outra vitoria, e no Mundial por segundo ano consecutivo volveu fracasar.

2013[editar | editar a fonte]

En 2013 seguiu a súa progresión. Tras un comezo discreto en San Luis, na seguinte carreira en Oman acadou 2 vitorias arrolladoras. En Camaiore conseguiu a súa segunda clásica, e quedou 2º na Strade Bianche tralo seu compañeiro Moreno Moser. Na Tirreno quedou patente súa nova melloría, sendo capaz de xuntar nunha mesma carreira unha vitoria ante os mellores sprinters do mundo e o triunfo na etapa de San Elpidio fronte á elite de vueltómanos.

2014[editar | editar a fonte]

Gañou varias etapas en carreiras de pretemporada e quedou 6º na Paris-Roubaix. Gañou a clasificación de sprints no Tour de California e a clasificación por puntos e mais dúas etapas na Volta a Suiza. Non participou no Giro para poder prepara-lo Tour de Francia, no que acadou o maillot verde malia non gañar ningunha etapa.

Palmarés[editar | editar a fonte]

2009

2010

2011

2012

2013

2014

Equipos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]