Unión Ciclista Internacional
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "UCI")
A Unión Ciclista Internacional (UCI) é a asociación de federacións nacionais de ciclismo. Foi creada o 14 de abril de 1900 en París integrando inicialmente ás federacións de Francia, Bélxica, Italia, Suiza e Estados Unidos de América sendo o seu primeiro presidente o belga Emile de Beukelaer.
Actualmente a sede da UCI está en Aigle (Suíza) e o presidente en funcións é dende 2005 o irlandés Patrick McQuaid.