Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Ucraína
 |
|
|
A bandeira de Ucraína (en ucraíno: державний прапор України, derzhavnyy prapor Ukrayiny) aparece descrita no artigo 20 da Constitución e está composta por dúas franxas horizontais de igual tamaño de cor azul e amarelo. Foi adoptada o 28 de xaneiro de 1992. A insignia azul e amarela foi empregada por primeira vez durante a Revolución de 1848 e tivo carácter oficial durante un curto período, dende o 12 de novembro de 1918. As súas proporcións son de 2:3.
A Lei de Ucraína afirma que as coras da bandeira ucrína son "azul e amarelo", non especificando que tonalidade concreta é de cada color. A comunidades heráldicas tentan encher o baleiro e especificar unhas cores "verdedeiras". De acordo co sitio web amateur vexilla-mundi.com as cores serían:
| Esquema |
Azul escuro |
Amarelo |
| Pantone |
286 C |
108 C |
| RGB |
0-0-205 |
249-221-22 |
Varias foron as bandeiras usadas por Ucraína en diferentes períodos ao longo da historia. A primeira referencia ás cores utilizadas na bandeira nacional data da época dos Hetman e foi atopada na crónica de Lviv do século XVII. Crese que o escudo de armas da cidade de Lviv, celeste e amarelo, foi legado á cidade polo príncipe Lev. As mesmas cores aparecen no escudo de armas dos rutenos (grupo de ucraínos que vivían na zona este de Checoslovaquia e nos Cárpatos) que, nos séculos XIV e XV, formaban parte de Polonia. Nas descricións que se facían nos tempos dos Hetman das bandeiras militares (despois do Consello de Periaslav de 1654) xa se mencionaba o azul ceo como a cor da bandeira. A mesma levaba diferentes emblemas e lemas. Ademais do azul ceo e do amarelo, outro das cores emüpleados polo Estado cosaco era o vermello.
A orixe heráldico das cores da bandeira nacional perdéronse. Así, a cor azul pasou a representar o ceo, mentres que o amarelo fixo o mesmo cos campos de trigo. O 22 de marzo de 1918, o Consello Central de Ucraína adoptou simultaneamente a bandeira azul e amarela e o tridente como símbolos nacionais. O mesmo fixo o goberno da República Nacional de Ucraína Occidental o 12 de novembro de 1918. O Consello Nacional de Ucraína, por medio da resolución do día 27 de xuño de 1949, anuncia que a bandeira nacional está composta por dúas franxas horizontais, azul e amarelo, respectivamente.
Bandeiras históricas[editar]
Outras bandeiras[editar]
-
Bandeira naval
-
-
-
-
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]