Bandeira de Taiwán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Taiwán
Bandeira de Taiwán
Uso
FIAV 110011.svgFIAV normal.png
Proporción 2:3
Adopción 1928
Cores      Azul     Vermello     Branco

A bandeira de Taiwán é o símbolo oficial de Taiwán, un fondo de cor vermello cun rectángulo azul situado no cuadrante superior máis próximo ó mastro, que contén, no seu centro, un sol de cor branco con doce puntas.

Este cuadrante é á súa vez a bandeira do Kuomintang (KMT), o partido político fundado por Sun Yat-sen, e foi adoptada en 1895 como bandeira da Sociedade para a Rexeneración de China, movemento político precursor do actual KMT. A bandeira foi deseñada por Lu Haodong, mártir do movemento republicano chino durante o final da dinastía Qing, última dinastía imperial chinesa.

As cores da bandeira de Taiwán simbolizan os Tres Principios do Pobo propugnados por Sun Yat-sen:

  • O branco representa a democracia e a igualdade.
  • O azul representa o nacionalismo cívico e a liberdade.
  • O vermello representa o benestar do pobo e a fraternidade.

Outras bandeiras[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]