Bandeira de Irlanda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Irlanda
Bandeira de Irlanda
Uso
FIAV 111111.svgFIAV normal.png
Proporción 1:2
Adopción 1919
Cores      Verde     Branco     Laranxa

A bandeira de Irlanda (en irlandés: An Bhratach Náisiúnta) é a bandeira nacional da República de Irlanda. É unha bandeira tricolor composta por tres franxas verticais de iguais dimensións: verde (lado do mastro), branca e laranxa. A franxa alaranxada simboliza aos protestantes de Irlanda e a verde representa aos católicos do país. A franxa branca representa a paz que eventualmente chegará entre eles.

É moi semellante á bandeira de Costa do Marfil, da que difire soamente pola disposición invertida das cores e polas proporcións.

Deseño[editar | editar a fonte]

Esquema Verde Branco Laranxa
Pantone 347 Branco 151
Hex triplet #009A49 #FFFFFF #FF7900

Historia[editar | editar a fonte]

Foi usada por primeira vez polos nacionalistas irlandeses en 1848 durante a revolta da "Xove Irlanda". Foi deseñada para representar a poboación católica romana (verde) e a protestante (laranxa) da illa de Irlanda, que viven xuntas en paz, paz que se representa pola cor branca. Contrariamente ao que se pensa, esta non foi a bandeira do Alzamento de Pascua, que foi en realidade unha bandeira verde cun arpa e as palabras "Irish Republic" (República Irlandesa), escritas en laranxa. Esta bandeira está exposta na sección de Kildare Street do Museo Nacional de Dublín. A tricolor foi utilizada na revolta, como bandeira da Compañía E, e foi colocada na Oficina de Correos Xeral (GPO, General Post Office) de Dublín, que foi o cuartel xeral dos xefes da revolta. Ao contrario da bandeira oficial, a tricolor da Compañía E foi adoptada pola poboación converténdose de facto na bandeira da República Irlandesa (1919-22).

A tricolor irlandesa ondeando na GPO de Dublín

A bandeira foi adoptada como bandeira nacional do Estado Libre irlandés en 1922. Cando o Estado Libre cambiou o nome a Éire, en 1937, a constitución (Bunreacht na hÉireann) deulle valor constitucional. Dende entón foi a bandeira de Irlanda.

A bandeira nacional aparece en:

Ademais aparece envolvendo os cadaleitos de:

  • presidentes e ex-presidentes irlandeses
  • soldados e policías falecidos en acto de servizo
  • outras personalidades.

Nos funerais de estado de patriotas irlandeses por exemplo Sir Roger Casement (1965) ou Kevin Barry (2000), a bandeira nacional foi envolvida ao redor dos seus cadaleitos en sinal de respecto e honra.

A tricolor en Irlanda do Norte[editar | editar a fonte]

Ironicamente, o simbolismo principal da bandeira, unidade e respecto entre católicos (verde) e protestantes (laranxa), non se converteu en realidade. No Acta do Goberno de Irlanda de 1920, Irlanda quedou dividida, co Nordeste con maioría unionista convertido en Irlanda do Norte. Irlanda do Norte, a través dun mecanismo orixinado nas seccións 11 e 15 do tratado Anglo-Irlandés elixiu non unirse ao Estado Libre Irlandés, senón seguir formando parte do Reino Unido. O estado norteirlandés emprega a bandeira da Unión Británica e a bandeira chamada "Man vermella do Ulster" (cunha coroa superposta a unha estrela de seis puntas) como símbolo do estado.

Outras bandeiras irlandesas[editar | editar a fonte]

Bandeira presidencial[editar | editar a fonte]

Bandeira Período Uso Descrición
Flag President of Ireland.svg 1945 - Estandarte do Presidente da República Arpa dourada sobre fondo azul

Bandeiras rexionais[editar | editar a fonte]

Bandeira Período Uso Descrición
Four Provinces Flag.svg Bandeira das catro provincias Os catro cuadrantes representan as provincias, cos escudos do Ulster (superior esquerdo, Munster (superior dereito), Connacht (inferior esquerdo) e Leinster (inferior dereito).
Flag of Ulster.svg Bandeira do Ulster Cruz vermella sobre fondo amarelo, escudo do colonizador normando (John de Courcy), no centro un escudo branco que no seu interior ten unha man vermella
Flag of Leinster.svg Bandeira do Leinster Arpa de ouro sobre fondo verde (empregada tamén como bandeira nacional naval)
Flag of Connacht.svg Bandeira do Connacht Bandeira branquiazul coa metade dunha águia á esquerda e un brazo erguendo unha espada á dereita
Flag of Munster.svg Bandeira do Munster Fondo azul con tres coroas douradas

Bandeiras militares[editar | editar a fonte]

Bandeira Período Uso Descrición
Flag of leinster.png Bandeira de bauprés Arpa de ouro sobre fondo verde (tamén empregouse para representar laa Irlanda unida baixo o dominio británico)

Bandeiras históricas[editar | editar a fonte]

Bandeira Período Uso Descrición
St Patrick's saltire.svg 1783 - 1922 Bandeira de San Patricio Cruz vermella de Santo André sobre fondo branco
Flag of the United Kingdom.svg 1801 - 1922 Union Jack, bandeira do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Unha superposición da bandeira inglesa, da escocesa, e da de San Patricio
Flag of the Lord Lieutenant of Ireland.svg Bandeira do Señor Tenente de Irlanda Unha Union Flag que no centro ten unha arpa de ouro sobre un escudo azul

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]