Bandeira de Bahrain

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Bahrain
Bandeira de Bahrain
Uso
FIAV 111111.svgFIAV normal.png
Proporción 3:5
Adopción 14 de febreiro de 2002
Cores      Branco     Vermello

A bandeira de Bahrain (en árabe: علم البحرين) consiste nunha franxa branca á esquerda, separada dun campo de goles ou vermello á dereita por cinco triángulos que forman unha liña serrada.

Índice

[editar] Deseño

O vermello é a cor tradicional das bandeiras dos estados árabes do Golfo Pérsico. O branco está do lado do mastro, e os cinco triángulos representan aos cinco alicerces do Islam (profesión de fe, oración, xaxún, caridade e peregrinación). É moi semellante á bandeira de Qatar, a cal ten máis triángulos e é dun vermello máis escuro.

[editar] Historia

As bandeiras máis antigas coñecidas de Bahrain[1] eran completamente vermellas. En 1820 Bahrain asinou un tratado co Reino Unido, e a franxa branca foi engadida á bandeira indicar a tregua. En 1932, un bordo serrado foi engadido para distinguir a bandeira da dos países veciños. A bandeira orixinal posuía vinte e oito puntos brancos, mais foi reducida a oito en 1972, e posteriormente a cinco en 2002.

[editar] Bandeiras históricas

[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas


Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas