Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Islandia
 |
|
|
A bandeira de Islandia (en islandés: Íslenski fáninn) componse dun fondo de cor azul escuro cunha cruz (escandinava) vermella con bordos brancos. Posúe unhas dimensións de 18:25. É emblema do país nórdico dende a súa independencia o 17 de xuño de 1944.
A bandeira de Islandia segue o deseño das bandeiras dinamarquesa, sueca e norueguesa nas que tamén aparece a cruz con montante desprazado cara ao bordo máis próximo ao mastro (cruz escandinava). A bandeira islandesa é en especial idéntica á bandeira norueguesa que contén as mesmas cores pero invertidas. Recentemente o goberno de Islandia considerou a emisión de especificacións de cor nos coñecidos sistemas Pantone e CMYK. Porén, non foi feita ningunha acción oficial, polo que son solo propostas non oficiais.
Proposta
| Esquema |
Azul |
Branco |
Vermello |
| Pantone |
287 (aprox. #0048E0) |
1c (aprox. #FFFFFF) |
I1795 (aprox. #FF0F00) |
| CMYK |
100, 69, 0, 11.5 |
0, 0, 0, 0 |
0, 94, 100, 0 |
Einar Benediktsson deseñou unha bandeira de cor azul na que aparecía unha cruz branca, denominada Hvítbláinn ("azul branco") que foi empregada por primeira vez en 1897. En 1912 o goberno dinamarqués prohibiu o uso da primeira versión da bandeira islandesa durante a celebración dos xogos olímpicos en Estocolmo.
A versión actual da bandeira remóntase a 1915, cando as autoridades dinamarquesas obrigaron a que se incorporase unha cruz de cor vermella no deseño orixinal de Einar Benediktsson para que puidese ser izada, aínda que se prohibiu o seu uso máis aló das augas xurisdicionais islandesas. O 1 de decembro de 1918 o goberno dinamarqués permitiu o uso no mar da bandeira islandesa.
[editar] Bandeiras islandesas
-
Bandeira de uso estatal. Ratio 37:18.
-
Bandeira do Servizo Aduaneiro. Ratio 37:18
-
Estandarte presidencial. Ratio 37:18.
-
"Hvítbláinn" ("Azul Branco") Bandeira histórica de carácter non oficial (1897-1915).
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas