Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Timor Leste
 |
|
|
A bandeira de Timor Leste foi adoptada en 2002 e é a mesma que se empregou en 1975. A bandeira de Timor Oriental é un pano de cor vermella na que figuran dous triángulos isósceles coas súas bases (de igual tamaño) ocupando o bordo máis próximo ó mastro. Un destes triángulos é de cor negro e aparece superposto sobre outro, de cor amarelo, ocupando dous terzos da súa altura. No centro do triángulo negro aparece representada unha estrela branca de cinco puntas.
A cor vermella representa a loita de liberación nacional, o amarelo alude ós vestixios do colonialismo na historia do país, o negro simboliza o escurantismo e o branco da estrela é a cor da paz.
Bandeira nun bote en
Dili.
Outras bandeiras [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]