Bandeira de Gales
|
A bandeira de Gales (en galés: Y Ddraig Goch, o Dragón Vermello) consiste nun dragón pasante sobre campo branco e verde. Existen distintas interpretacións para ese emblema. A bandeira foi oficializada en 1959, mais o dragón está asociado a Gales hai séculos.
Índice |
[editar] Historia
Moitas veces a bandeira é considerada a máis vella bandeira nacional aínda en uso, aínda que a orixe do dragón como símbolo sexa hoxe perdida entre historia e mito. A teoría máis aceptada é a de que as cohortes romanas utilizaron o dragón durante súa ocupación de Gran Bretaña. As franxas branca e verde foron engadidas posteriormente pola Casa de Tudor, dinastía galesa que estivo no trono de 1485 a 1603. O banco e verde e branco tamén son as cores do porro, outro emblema de Gales.
De acordo co historiador Carl Lofmark:
[editar] Bandeira de San David
Gales é a única nación británica cuxa bandeira oficial non está formada por unha cruz. Con todo, existe unha bandeira galesa de uso secundario coñecida como Bandeira de San David. Consiste nunha cruz amarela sobre un fondo negro. Dende 2002 está incluída no distintivo do club de fútbol da capital, o Cardiff City.
A bandeira de Gales é a única non-representada na bandeira do Reino Unido, moito por conta da rexión ser historicamente considerada parte do Reino de Inglaterra cos Actos das Leis en Gales 1535-1542. Hai movementos que loitan por ese recoñecemento, tendo inclusive realizado propostas.
-
Proposta de inclusión de Gales na Union Jack
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Gales en Flags of the World (en inglés)
|
|||||