Bandeira de Turquía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Turquía
Bandeira de Turquía
Uso
FIAV 111111.svgFIAV normal.png
Proporción 2:3
Adopción 1844
Cores      Vermello     Branco

A bandeira de Turquía (en turco: Türk bayrağı) é unha bandeira vermella cun crecente e estrela brancos no seu centro. A bandeira é popularmente coñecida como Ay Yıldız (literalmente, lúa estrela) ou Albayrak (bandeira vermella). A bandeira é ademais referida como Alsancak (pavillón vermello) no himno nacional turco.

A orixe da bandeira é complexa, xa que é un deseño antigo, e usa os mesmos símbolos que a bandeira de finais do Imperio Otomán, sendo adoptada en 1844 coas reformas de Tanzimât; aínda que a forma, a colocación e a tonalidade da cor varían. As proporcións xeométricas da bandeira están legalmente estandarizadas coa Lei da Bandeira turca de 1936.

Historia[editar | editar a fonte]

Foto dun crecente e estrela.

O vermello é unha cor predominante na historia turca, sobre todo se o relacionamos coas sanguentas batallas da Guerra de Independencia Turca. A media lúa e a estrela, xuntas, que polo común son consideradas símbolos islámicos hoxe en día, foron durante moito tempo empregadas en Asia Menor moito antes do advenimiento do Islam.

A bandeira era, nun principio, simplemente unha media lúa sobre campo verde, pero esta foi modificada en 1793 cando o Sultán Selim III cambiou o fondo verde a vermello. En 1844, engadiuse a estrela. O símbolo da estrela, segundo algunhas teorías e estudos, remóntase en realidade aos tempos do emperador romano Constantino (fundador de Constantinopla, actual Estambul), sendo considerada na súa época como un símbolo da Virxe María.

A orixe da bandeira, á súa vez, é amplamente descrito segundo distintas lendas no país, entre as máis populares atópase a de que o Sulatán Murad II, despois da batalla de Kosovo en 1448, avistou a unha lúa ocultando unha estrela sobre un fondo de sangue. Outra lenda di que durante un soño do primeiro Sultán otmán unha media lúa e unha estrela xurdiron do seu peito ampliándose, presaxiando a conquista de Constantinopla. Outra teoría di que Mehmed II viu unha media lúa e unha estrela durante a caída de Constantinopla.

A máis amplamente crida, con todo, conta que Mustafa Kemal Atatürk, o fundador da República turca, camiñaba por un campo de batalla unha noite tras un combate vitorioso durante a Guerra de Independencia Turca, e observou a reflexión dunha estrela e a formación da media lúa crecente sobre un vasto fondo de sangue no terreo dun outeiro rochoso de Sakarya.

Bandeiras históricas[editar | editar a fonte]

Outras bandeiras[editar | editar a fonte]

Outros moitos estados e movementos utilizan a lúa e crecente:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]