Bandeira de Bangladesh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Bangladesh
Bandeira de Bangladesh
Uso
FIAV 111000.svgFIAV normal.png
Proporción 3:5
Adopción 17 de xaneiro de 1972
Cores      Verde     Vermello

A bandeira de Bangladesh (en bengalí: বাংলাদেশের জাতীয় পতাকা) foi adoptada oficialmente o 17 de xaneiro de 1972. Foi empregada orixinalmente durante a Guerra de liberación de Bangladesh en 1971, cando estaba composta por un campo verde e un círculo vermello no que se localizaba un mapa do país en cor dourada.

Ao seren adoptada oficialmente, o mapa desapareceu como xeito de simplificar o deseño e consta na actualidade do campo verde que representa a abundancia das terras do país e dun círculo vermello desfasado do medio de tal xeito que ao ondear a bandeira apareza centrado, e que representa ao sol sobre Bengala e ao sangue dos heroes da independencia.

Orixe[editar | editar a fonte]

A bandeira orixinal foi deseñada polo pintor Quamrul Hassan. O 3 de marzo de 1971 foi izada por primeira vez na Universidade de Dhaka. Logo, el 23 de marzo dese ano, a bandeira volveu a ondear durante a declaración de independencia de dito país, na residencia do Sheikh Mujibur Rahman. A bandeira foi deseñada especialmente para representar ao Islam sen ter que empregar os símbolos tradicionais (lúa crecente e estrela), que eran tamén os símbolos de Paquistán.

Outras bandeiras[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]