Bandeira do Xapón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira do Xapón
Bandeira do Xapón
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción27 de febreiro de 1870 (como símbolo civil)
13 de agosto de 1999 (oficial)
Cores     Branco     Vermello

A bandeira do Xapón, coñecida como Nisshōki (日章旗?) ou Hinomaru no hata (日の丸の旗?) traducido como "o disco solar" en xaponés, consiste nun fondo branco cun gran disco vermello (representando ao sol) no centro. As súas proporcións son de 2:3; o disco atópase exactamente no centro e o diámetro do mesmo é igual a tres quintas partes da medida vertical.

Non se coñece cando comezou a empregarse como símbolo pero quedaron recollidos discos solares en abanos pregables chamados guisen que datan do século XII e foron debuxados por guerreiros samurai (bushi). Durante os séculos XV e XVI, na Era Sengoku, o Hinomaru foi usado como insignia militar. O círculo vermello sobre o fondo branco era o máis común, pero tamén empregouse un círculo dourado sobre un fondo de cor azul escuro.

Quedou documentado o emprego do Hinomaru como símbolo no século XVI. Tamén comezou a ser utilizado nos barcos enviados ao estranxeiro polo menos dende o século XVII. Porén, ata 1854 non se regulou expresamente o uso do Hinomaru nas naves xaponesas para que non fosen confundidas con embarcacións estranxeiras.

O 27 de xaneiro de 1870, durante a Era Meiji, o Hinomaru foi oficialmente declarado nun decreto a bandeira do Xapón para a mariña mercante.

O Hinomaru comezou a ser pendurado en edificios gobernamentais en 1872 e pouco despois comezou a ser empregado pola poboación como símbolo nacional.

Durante a ocupación norteamericana trala segunda guerra mundial o uso do Hinomaru foi restrinxido. Só en 1999 foi oficialmente adoptada como símbolo nacional na Lei Acerca da Bandeira e o Himno Nacional.

Outras bandeiras[editar | editar a fonte]