Bandeira de Laos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Laos
Bandeira de Laos
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción2 de decembro de 1975
Cores     Vermello     Azul     Branco

A bandeira de Laos foi adoptada o 2 de decembro de 1975. A bandeira fora utilizada previamente polo breve goberno nacionalista de 1945.

Deseño[editar | editar a fonte]

Está formada por tres bandas horizontais, a superior e inferior son de cor vermella vermellón, mentres que a do medio é azul. No centro atópase un disco branco cun diámetro equivalente a 4/5 da altura da franxa central.

A cor vermella representa o sangue derramado pola independencia, o azul o río Mekong ou a santidade do país. O disco branco simboliza a lúa sobre o río Mekong ou tamén a unidade do país baixo o goberno comunista.

Bandeiras históricas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]