Bandeira de Irlanda do Norte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Irlanda do Norte
Bandeira de Irlanda do Norte
Uso
FIAV 111000.svgFIAV historical.svg
Proporción 3:5
Adopción de 1953 a 1972
Cores      Branco     Vermello

A bandeira de Irlanda do Norte (en inglés: Ulster Banner) perdeu o seu carácter oficial ao producirse a disolución do Parlamento de Irlanda do Norte polo goberno británico en 1972. É un pano de cor branca no que figura unha cruz vermella que é a cruz de San Xurxo (elementos que compoñen a bandeira de Inglaterra).

Deseño[editar | editar a fonte]

Na súa parte central figura unha estrela de seis puntas (o número de condados que pertencen a Irlanda do Norte) de cor branca que contén representada unha man destra (a man vermella de Ulster). A estrela aparece representada baixo a "Coroa Imperial" (do Reino Unido) como símbolo de lealdade á monarquía británica. Esta bandeira foi outorgada polo goberno de Irlanda do Norte en 1924, foi emblema do devandito goberno entre 1953 e 1972, sendo abolida en 1973.

Historia[editar | editar a fonte]

A bandeira de Irlanda do Norte (Ulster Banner) é un estandarte heráldico tomado do escudo de armas concedido en 1924 e baseado na bandeira de Inglaterra e a anterior bandeira do Ulster, co engadido dunha coroa para simbolizar a lealdade dos unionistas do Ulster á monarquía do Reino Unido. O estandarte do Ulster contén a Man Vermella do Ulster no centro. A estrela de seis puntas representa o seis condados de Irlanda do Norte. A bandeira ás veces tamén recibe o nome de Bandeira da Man Vermella, Bandeira de Irlanda do Norte, ou simplemente a Bandeira do Ulster, aínda que non debe ser confundida coa bandeira provincial do Ulster.

Uso actual[editar | editar a fonte]

Escudo de Irlanda do Norte

Durante eventos oficiais, o goberno británico utiliza a Union Flag, a cal é a bandeira oficial do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte), sendo esa tamén a única bandeira oficial utilizada polo goberno de Irlanda do Norte. O estandarte do Ulster foi a bandeira oficial do goberno de Irlanda do Norte dende 1953 até 1972, pero non é probable que volva ser utilizada para representar a Irlanda do Norte ou o seu goberno no futuro xa que, por varias razóns, non é aceptada pola comunidade nacionalista irlandesa.

En 1924 o goberno de Irlanda do Norte recibiu armas heráldicas por decreto real e o dereito a mostralas nunha bandeira ou estandarte. Este dereito foi exercido para a coroación da raíña Isabel II do Reino Unido en 1953. Entre 1953 e 1972 esta bandeira foi utilizada polo goberno de Irlanda do Norte e a bandeira civil de facto. Cesou de ter aprobación oficial cando o Parlamento de Irlanda do Norte foi disolto polo goberno británico pola Acta de 1973.

O Ulster Banner séguese dentro da comunidade unionista (comunidade que promoven o mantemento ou o fortalecemento dos vínculos políticos e culturais entre Irlanda, a miúdo e especialmente Irlanda del Norte, e Gran Bretaña) xunto coa bandeira británica. Tamén é utilizada nalgúns eventos deportivos, como por exemplo polos seareiros da selección de fútbol, e autoridades locais baixo control unionista.

Bandeiras relacionadas con Irlanda do Norte[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]