Bandeira de Malta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Malta
Bandeira de Malta
Uso
FIAV 111011.svgFIAV normal.png
Proporción 2:3
Adopción 21 de setembro de 1964
Cores      Branco     Vermello

A bandeira de Malta (en maltés: Bandiera ta' Malta) foi adotada o 21 de setembro de 1964.

Descrición[editar | editar a fonte]

A bandeira está composta por dúas franxas verticais do mesmo tamaño, de cor branca (a máis preta ao mastro) e vermella. No cuadrante superior máis preto do ao mastro, na franxa branca, figura a Cruz de Xurxo perfilada en vermello. Esta é unha condecoración británica (creada durante o reinado de Xurxo VI), formada por unha cruz grega de prata coa figura de San Xurxo matando un dragón representada na súa parte central e rodeada por un listón no que figura o lema en inglés “For Gallantry” (“ao heroísmo”) que sinala o motivo polo cal se outorgaba. Na cruz figuran tamén as iniciais en inglés, “G-VI”, do monarca que a fundou e lle deu nome.

A Cruz de Xurxo, que só fora concedida de xeito individual a persoas e nunca colectivamente, foilles outorgada de xeito especial aos habitantes e defensores da illa fortaleza, polo seu heroico comportamento durante a Segunda Guerra Mundial e ten quedado incorporada tanto na bandeira como no escudo nacional de Malta. As dúas cores (branco e vermello) que figuran na bandeira teñen sido os das armas de Malta dende a Idade Media. Nun relato tradicional non verificado sobre a orixe do escudo, afírmase que este foi entregado a Malta por Roxelio I de Sicilia no ano 1091.

Outras bandeiras[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]