Bandeira de Letonia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Letonia
Bandeira de Letonia
Uso
FIAV 110100.svgFIAV normal.png
Proporción 1:2
Adopción 27 de febreiro de 1990
Cores      Granate     Branco

A bandeira de Letonia (en letón: Latvijas karogs) foi adoptada o 27 de febreiro de 1990. O seu deseño foi declarado oficialmente polo Parlamento como bandeira nacional o 15 de xuño de 1921. Letonia declarouse independente en 1918 e foi usado ata a perda da súa soberanía en 1940.

Deseño[editar | editar a fonte]

A bandeira de Letonia está composta por tres franxas, a superior e a inferior son de cor granate e a central, branca. As proporcións das franxas son de 2:1:2. Desta xeito, as franxas de cor granate posúen un grosor equivalente ao dobre da central. A relación entre o longo e o ancho da bandeira é de 1:2. A cor vermella é de tonalidade escura, granate, definido en sistema Pantone como 1807, e é denominado vermello letón.

Historia[editar | editar a fonte]

Está documentado desde a segunda metade do século XIII o uso en tribos letoas de estandartes de cor vermella cunha banda central de cor branca. Estas probas documentais foron localizadas por Jekabs Lautenbahs-Jusmins, un investigador do folclore letón, na Crónica da Orde de Livonia (Reimchronik), obra na que se relatan diversos acontecementos que tiveron lugar en terras letoas ata 1290. O artista Ansis Cirulis, baseándose nas descricións do estandarte das tribos letoas que se recollen na obra mencionada, elaborou o deseño da bandeira que foi presentado en maio de 1917.

Outras banderas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]