Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Montenegro
 |
|
|
A bandeira de Montenegro (en montenegrino: Застава Црне Горе, Zastava Crne Gore) aparece descrita no artigo 4º da lei que regula o seus símbolos e que foi aprobada polo Parlamento de Montenegro o 13 de xullo de 2004.
É unha bandeira de cor vermella cunha beira dourada na que figura, na súa parte central, o escudo de Montenegro, adoptado en 1993. A altura do escudo debe gardar unhas proporcións de 2/3 respecto á bandeira. As dimensións da bandeira son: 1:2. O escudo de armas foi o brasón do rei Nicolao I de Montenegro, mais non se recuperaron ás súas iniciais НI (letras cirílicas).
Dende o 31 de decembro de 1946, utilizouse a mesma bandeira da República Federal Socialista de Iugoslavia, da que Montenegro era parte, que consistía nun tricolor coas cores paneslavas cunha estrela vermella no centro. Esta bandeira, idéntica á de Serbia, foi substituída en 1992.
[editar] Bandeiras históricas
-
do Reino de Montengro (1905-1918)
-
Bandeira Real do Reino de Montenegro (1910-1918)
-
Reino de Montenegro (1941-1944)
-
-
Montenegro
(1992-2004)
[editar] Outras bandeiras
-
-
-
Pavillón presidencial naval
-
-
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas