Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Paquistán
 |
|
|
A bandeira de Paquistán (en urdú: پاکستان کا قومی پرچم) foi deseñada por Muhammad Ali Jinnah, baseada na bandeira orixinal da Liga Musulmá. Foi adoptada pola Asemblea Constituinte o 11 de agosto de 1947, xusto días antes da independencia. A bandeira é chamada no himno nacional Parcham-e-Sitāra-o-Hilāl, en urdú literalmente: Bandeira do Crecente e da Estrela.
A bandeira consiste dun campo verde escuro, representando a maioría musulmá do país, cunha faixa branca no lado do mastro, representando as minorías relixiosas. No centro, hai unha lúa crecente branca, representando progreso, e unha estrela de cinco puntas, representando luz e coñecemento. A bandeira simboliza o compromiso paquistaní co islam, o mundo islámico e as dereitos das minorías relixiosas. É alzada varios días importantes do ano, incluíndo o 23 de marzo (Día da República) e o 14 de agosto (Día da Independencia).
Outras bandeiras [editar]
-
-
Bandeira do Primeiro Ministro
-
-
Bandeira das Forzas Aéreas
-
Bandeira naval, ten o mesmo diseño ca estatal pero con proporción 1:2
-
Bandera civil, proporción 2:3
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]