Tengri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tengri é o deus da antiga relixión dos turcos e mongois coñecida como tengrismo.

Para os mongois, Tengri era o Pai do ceo, non se podía visualizar como unha persoa. Os símbolos de Tengri eran unha cruz, o firmamento e o sol.

Para os turcos, Tengri é un ganso branco e pura que constantemente nada sobre a auga sen fin, o que representa o tempo.