Bandeira de Corea do Sur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Corea do Sur
Bandeira de Corea do Sur
Uso
FIAV 111110.svgFIAV normal.png
Proporción 2:3
Adopción 6 de marzo de 1883
Cores      Branco     Vermello     Azul     Negro

A bandeira de Corea do Sur ou Taegeukgi (태극기, tamén escrito Taegukgi) foi adoptada o 6 de marzo de 1883 durante a Dinastía Joseon. É de cor branca e leva no seu centro o yin-yang. O yin (símbolo vermello) significa a luz e a calor, o yang (símbolo azul) representa a escuridade e o frío. Os símbolos que rodean o yin-yang son catro dos taeguk, que simbolizan ceo, auga, lume e terra.

Deseño[editar | editar a fonte]

O deseño xeral da bandeira deriva do uso tradicional do símbolo tricolor (vermello, azul e amarelo) polos coreanos a partir da primeira época da historia de Corea. O fondo branco simboliza a "pureza do pobo". O Taegeuk representa a orixe de todas as cousas no universo, portando os dous principios do yin e o yang, o primeiro é o aspecto negativo representado en azul, e o segundo o aspecto positivo representado en vermello, ambos en equilibrio. En conxunto, representan un movemento continuo no infinito, a fusión dos dous como un só.

Ao redor do Taegeuk hai catro trigramas, llamados gwae (괘, 卦), os cales proviñan dos oito trigramas do I Ching (易經, Libro das mutacións), ou Yeok Gyeong (역경, 易經) en coreano. Tradicionalmente, os catro trigramas están relacionados cos cincos elementos: lume (火), auga (水), terra (地), madeira (木) e metal (金). Outra analoxía podería ser cos catro elementos clásicos occidentais.

Nome Natureza Estacións Direccións Virtudes Familia Elementos Significados
Palgwae Geon.svg geon (건) ceo (천) primavera (춘) leste (동) humanidade (인) pai (부) metal (금) xustiza (정의)
Palgwae Ri.svg ri (리) sol (일) outono (추) sur (남) cortesía (예) fillo (중남) lume (화) sabedoría (지혜)
Palgwae Gam.svg gam (감) lúa (월) inverno (동) norte (북 ) intelixencia (지) filla (중녀) auga (수) vitalidade (생명력)
Palgwae Gon.svg gon (곤) terra (지) verán (하) oeste (서) honradez (의) mai (모) terra (토) fertilidade (풍요)
Construción da bandeira.

Cores[editar | editar a fonte]

Bandeira de Corea do Sur

As cores oficiais da Taegukgi están especificadas na "Acta de Ordenanza da Lei sobre a Bandeira Nacional da República de Corea" (대한민국국기법시행령).[1] Non houbo unha especificación das cores até 1997, cando o goberno de Corea do Sur decidiu presentar especificacións estándar para a bandeira. En outubro dese mesmo ano, por ordenanza presidencial as cores promulgadas, e en 2007 engadidas á Lei da Bandeira Nacional.

Esquema Munsell CIE Pantone Hex
Branco N 0.5 N/A N/A #FFFFFF
Vermello 6.0R 4.5/14 0.5640, 0.3194, 15.3 186 Coated #C60C30
Azul 5.0PB 3.0/12 0.1556, 0.1354, 6.5 294 Coated #003478
Negro N 9.5 N/A N/A #000000

Historia[editar | editar a fonte]

Os oito trigramas do I Ching.

A bandeira coreana, ou Taegeukgi, foi creada e usada durante a dinastía Joseon (조선). A data e o seu creador é algo aínda incerto. As veces afírmase que o creador e primeiro en usar a bandeira actual foi Pak Yeonghyo (박영효). Con todo, non está do todo claro.

Atopouse recentemente[2] no libro "Bandeiras de Nacións Marítimas", publicado pola Oficina de Navegación do Departamento de Mariña de Estados Unidos, a primeira bandeira coñecida de Corea, coas súas características cores vermello e azul no centro, xunto con catro trigramas en cada esquina. O libro foi publicado en xullo de 1882. Suponse que Pak Yeonghyo usou a bandeira entre agosto e setembro dese ano nunha misión diplomática en Xapón, polo que a bandeira publicada no libro sería, polo menos, catro meses máis antiga.

Segundo Kim Weon-mo (김원모), profesor emérito da Universidade de Danguk, a bandeira que se atopa no libro podería tratarse da mesma que se usou en maio de 1882 durante a firma do Tratado de Chemulpo (제물포 조약) entre a dinastía Joseon e Estados Unidos. En marzo de 1883, adoptouse formalmente a Taegeukgi como bandeira oficial. En 1948, despois do establecemento do goberno, as "Regras sobre a bandeira de Corea" convertéronse nunha guía para pendurala, a produción e o protocolo da bandeira.

Outras bandeiras[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]