Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Malaisia
 |
|
|
A bandeira de Malaisia, coñecida como Jalur Gemilang (gloriosas franxas) foi adoptada o 16 de setembro de 1963. O seu deseño é moi semellante á Bandeira dos Estados Unidos, aínda que probablemente non se pretendeu imitala senón lembrar a bandeira da Compañía Británica das Indias Orientais, na que parece que tamén se inspirou a norteamericana.
A bandeira malaia conta con franxas horizontais do mesmo tamaño de cor vermella e branco e un cuadrante de cor azul no cantón. As franxas vermellas e brancas suman catorce e simbolizan o trece estados federados malayos e a federación malaya. No cantón aparecen un crecente (lúa crecente), un símbolo islámico, e unha estrela de catorce puntas que representa, como as franxas, os estados malayos e a federación que forman.
Tanto o crecente como a estrela son de cor amarela, símbolo da monarquía de Malaisia e figuran na parte superior do escudo de armas nacional. O 31 de agosto de 1997, o primeiro ministro Mahathir bin Mohammad aprobou a concesión á bandeira dun nome, Jalur Gemilang, "Gloriosas Franxas".
Outras bandeiras [editar]
-
Armada
-
Forzas aéreas
-
Mariña mercante
-
Naval
-
-
Bandeiras históricas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]