Bandeira de Kirguizistán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Kirguizistán
Bandeira de Kirguizistán
Características
Uso
Proporción3:5
Adopción3 de marzo de 1992 (primeira versión)
26 de decembro de 2023 (versión actual)
Cores     Vermello     Amarelo

A bandeira de Kirguizistán (en kirguiz: Кыргыз Республикасынын Мамлекеттик туусу; Kyrgyz Respublikasynyn Mamlekettik tuusu) foi adoptada o 3 de marzo de 1992. É de fondo de cor vermella no que aparece representado, na súa parte central, o sol coa súa superficie rasgada por seis trazos da mesma cor que o fondo da bandeira.

O sol amarelo representa a Timür Leng, un famoso guerreiro de Asia Central que formou un imperio no século XIV. As seis liñas vermellas que rachan o sol representan a seis cofrarías que apoiaron a este guerreiro. O fondo vermello é unha homenaxe a Atila, rei dos hunos, pobo que tivo a súa orixe no que hoxe é Kirguizistán.

Historia[editar | editar a fonte]

A finais de 2023, levouse a cabo un debate no Zhogorku Kengesh (parlamento de Kirguizistán) para endereitar os raios solares ondulados debido á súa suposta semellanza cun xirasol,[1][2] que na cultura kirguiz pode significar "unha persoa voluble e servil disposta a cambiar de lealdade en beneficio persoal". O proxecto de lei pasou a súa primeira lectura o 29 de novembro e a segunda e terceira lecturas o 20 de decembro.[3][4] O proxecto de lei foi asinado polo presidente Sadyr Japarov o 22 de decembro.[5] A lei publicouse oficialmente o 26 de decembro e entrou en vigor o mesmo día.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Спикер Жогорку Кенеша заявил, что флаг Кыргызстана будет изменен" [Speaker of Zhogorku Kengesh said that the flag of Kyrgyzstan will be changed]. Радио Азаттык (Кыргызская служба Радио Свободная Европа/Радио Свобода) (en ruso). 2023-10-31. Consultado o 2023-10-31. 
  2. "Три варианта. Что хотят изменить во флаге Кыргызстана?" [Three options. What do they want to change in the flag of Kyrgyzstan?]. Радио Азаттык (Кыргызская служба Радио Свободная Европа/Радио Свобода) (en ruso). 2023-10-26. Consultado o 2023-10-31. 
  3. "Kyrgyzstan moves to rid national flag of likeness to 'fickle' sunflower". Reuters (en inglés). 2023-11-29. Consultado o 2023-11-29. 
  4. "Парламент Киргизии одобрил изменение солнца на государственном флаге". Коммерсантъ (en ruso). 2023-12-20. Consultado o 2023-12-20. 
  5. "President signs law on new flag of Kyrgyzstan". 24.kg. 23 de decembro de 2023. Consultado o 26 de decembro de 2023. 
  6. "Закон об изменении флага вступил в силу в Кыргызстане". Kazinform (en ruso). 26 de decembro de 2023. Consultado o 26 de decembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]