Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Indonesia
 |
|
|
A bandeira de Indonesia, denominada en indonesio "Sang Sake Merah Putih" ("a sagrada vermella e branca"), está composta, conforme ao artigo 35 da Constitución de 1945, por dúas franxas de iguais dimensións, sendo a superior de cor rubia e a inferior alba. A súa anchura é dúas terceiras partes da súa lonxitude. Oficialmente obrígase a iza-la bandeira nas dependencias gobernamentais, as sedes das misións diplomáticas do país e no pazo presidencial.
Está baseada no estandarte do século XIII do Imperio Majapahit no Leste de Xava. A mesma bandeira ("Bendera Pusaka" foi izada e presentouse ao público na cerimonia do día da independencia de Indonesia o 17 de agosto de 1945. O deseño mantívose igual dende entón.
Esta bandeira empregouse durante algúns anos nos actos conmemorativos da independencia, izándose fronte ao pazo presidencial de Iacarta. Esta bandeira deixou de ondear o 17 de agosto de 1968, cando foi substituída nos actos mencionados por unha réplica con obxecto de facilitar a súa preservación.
[editar] Outras bandeiras
-
Bandeira marítima
Ular-ular Perang
-
-
O monumento nacional con bandeiras ondeando
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas