ABBA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
ABBA logo.png
Abba 28011977 15 200.jpg
Agnetha Fältskog
Orixe Estocolmo, Suecia Flag of Sweden.svg
Período 1972 - 1982
Xénero(s) pop
Selo(s) discográfico(s) Polar, Polydor, Atlantic, Universal, Epic, Vogue, RCA, PolyGram, Sunshine (Rhodesia-Zimbabwe), Ariston/Dig It (Italia)


ABBA foi un grupo sueco de pop, activo entre 1972 e 1982 e formado por Björn Ulvaeus, Benny Andersson, Agnetha Fältskog e mais Anni-Frid Lyngstad (Frida). A súa marcou unha época na cultura disco-pop en Europa na década dos 70, e é actualmente o segundo grupo con máis discos vendidos no mundo, só detrás dos Beatles.

A carreira de ABBA como grupo comezaría cunha colaboración entre Björn e Benny, que introduciron ás súas parellas, Agnetha e Frida, como coros nalgunhas das súas colaboracións. Posteriormente, e coa axuda do produtor Stig Anderson, elaboran a canción Ring Ring, que lles daría a coñecer definitivamente en Suecia. Pero o recoñecemento en Europa lles chegaría en 1974, cando o grupo escandinavo gaña o festival de Eurovisión co tema Waterloo. Posteriormente chegarían os anos dorados de ABBA, que acumularían números un en toda Europa con hits como Dancing Queen, Mamma mia, Take a chance on me ou Fernando.

A finais dos setenta Björn e Agnetha anunciarían o seu divorcio, o que influiría no estilo e na temática do seu álbum Super Trouper, moito máis intimista. Este álbum contén os últimos grandes hits de ABBA como Super Trouper ou The Winner Takes It All. Pouco despois, Frida e Benny anunciarían tamén a súa ruptura, co que aumenta o distanciamento dos membros do grupo. Como consecuencia, o seu último álbum, The Visitors, convertiríase nunha grande decepción e na mostra máis clara da decandencia do grupo.

Despois de publicar este álbum, e tras contadas actuacións en shows televisivos e concertos, o grupo finalizaría as súas colaboracións xuntos, aínda que xamais se declarou públicamente a disolución do grupo. Así, cada un retomaría coa súa carreira individual, aínda que Benny e Björn seguirían traballando xuntos en musicais como Chess ou Mamma Mia!.

Aínda hoxe, ABBA continúa gañando fans en todo o mundo e xerando ganacias á súa discográfica. Por iso afírmase con rotundidade que ABBA é o grupo pop máis importante xurdido en Europa nos últimos trinta e cinco anos.

Discografía[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: ABBA