Cascos Azuis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casco azul noruegués

Cascos Azuis é o nome que reciben os integrantes dos corpos especiais da ONU, debido á cor dos seus cascos.

En 1956, estas forzas supervisaron o cesamento de hostilidades entre Exipto e Israel. Posteriormente teñen actuado noutros conflitos en Oriente medio, Líbano, Chipre, Mozambique, Somalia, Bosnia, etcétera.

En 1988, cando o peruano Javier Pérez de Cuéllar era Secretario Xeral da ONU, os Cascos Azuis recibiron o Premio Nobel da Paz.

En 1993, os Cascos Azuis da ONU destacados na antiga Iugoslavia recibiron o Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cascos Azuis