As normas da casa da sidra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «The Cider House Rules»)

As normas da casa da sidra
Ficha técnica
Título orixinalThe Cider House Rules
DirectorLasse Hallström
ProdutorRichard N. Gladstein
GuiónJohn Irving
Baseado enThe Cider House Rules de John Irving
Intérpretes
MúsicaRachel Portman
FotografíaOliver Stapleton
MontaxeLisa Zeno Churgin
EstudioMiramax Films
FilmColony
DistribuidoraBuena Vista Pictures Distribution
EstreaVenecia: 7 de setembro de 1999
10 de decembro de 1999
Duración125 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento24 millóns de dólares (estimado)
Recadación88,5 millóns de dólares
Na rede
http://www.miramax.com/movie/the-cider-house-rules
IMDB: tt0124315 Filmaffinity: 124347 Allocine: 23319 Rottentomatoes: m/cider_house_rules Mojo: ciderhouserules Allmovie: v181139 TCM: 442899 Metacritic: movie/the-cider-house-rules TV.com: movies/the-cider-house-rules Netlix: 60000410Editar o valor em Wikidata

As normas da casa da sidra (en inglés: The Cider House Rules) é un filme estadounidense de 1999 dirixido polo sueco Lasse Hallström. Estreaouse no Festival Internacional de Cinema de Venecia, gañou o Globo de Ouro ao mellor guión, e tamén conseguiu sete candidaturas aos Óscars.

Baséase na novela de John Irving, The Cider House Rules, e o propio Irving escribiu o guión. Outros directores emprenderon o proxecto de realizar a adaptación, como Ang Lee ou Michael Winterbottom, pero abandonárono debido a discrepancias co autor da novela.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Homer Wells (Tobey Maguire) é un orfo que vive no estado de Maine durante a década de 1930. Medrou no orfanato de St. Cloud's baixo a tutela do Dr. Wilbur Larch (Michael Caine), que nunca deixou de preocuparse polos cativos que ten a cargo no hospicio. Mais cando Homer se fai un home, e se dá conta das posibilidades que lle brinda a vida, empeza a dubidar e a cuestionar os métodos e a lóxica que o doutor lle ensinou. O Dr. Larch realiza abortos secretamente, e ilegalmente, e adestra a Homer para que sigas os seus pasos.

Homer decide deixar o orfanato con Candy Kendall (Charlize Theron) e o namorado dela, Wally Worthington (Paul Rudd). Logo, cando Wally vai loitar na segunda guerra mundial, Homer e Candy estreitan amizades. Máis tarde, o avión de Wally é abatido, deixándoo paralizado da cintura para baixo. Cando el volta para a casa, Candy decide que ela debe coidar del e non ficar con Homer.

O Sr. Rose (Delroy Lindo) e os seus compañeiros son traballadores migrantes que están empregados temporalmente na plantación de mazairas da familia Worthington. O Sr. Rose empreñou á súa propia filla (Erykah Badu), e Homer, que desaproba o aborto, percibe que neste caso en particular el debe realizarllo a ela. Máis tarde, cando o Sr. Rose tenta abusar de novo da súa filla, ela acoitelarao. O desexo del, moribundo, é que os outros traballadores lle digan á policía que a súa morte foi por suicidio.

Despois da morte accidental do Dr. Larch, Homer decide retornar ao orfanato e exercer o exercicio de novo director. No final do filme, descóbrese que o doutor falsificara o rexistro médico de Homer para evitar que se fora para a guerra.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Galardóns[editar | editar a fonte]

Óscar 1999[editar | editar a fonte]

Categoría Persoa Resultado
Óscar ó mellor filme Candidata
Oscar ao mellor director Lasse Hallström Candidato
Oscar ao mellor actor secundario Michael Caine Gañador
Oscar ao mellor guión adaptado John Irving Gañador
Óscar á mellor banda sonora Rachel Portman Candidata
Óscar á mellor dirección artística David Gropman
Beth Rubino
Candidatos
Óscar á mellor montaxe Lisa Zeno Churgin Candidata

Globos de Ouro[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Resultado
Globo de Ouro ao mellor actor secundario Michael Caine Candidato
Globo de Ouro ao mellor guión John Irving Candidato

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "THE CIDER HOUSE RULES (12)". British Board of Film Classification. 4 de febreiro de 2000. Consultado o 6 de xullo de 2013.