Rublo soviético

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rublo soviético †
советский рубль en ruso
Rouble-1961-Paper-1-Reverse.jpg
Código: SUR
Ámbito: Unión Soviética Unión Soviética
Símbolo: руб
Fracción: 100 kopeks
Moedas: 1, 2, 3, 5, 10, 15, 20, 50 kopeks
1, 5, 10 rublos
Billetes: 1, 3, 5, 10, 25, 50, 100, 200, 500, 1.000 rublos
Emisor: Gosbank
Taxa de troco:
fixa
1 EUR = 2,20371 NLG
Substituída polo rublo ruso en 1991

O rublo soviético (en ruso: рубль) foi a unidade monetaria da Unión Soviética entre 1919 e 1991. Estaba dividido en 100 kopeks (en ruso: копейки, sing. копейка). O seu código ISO 4217 era SUR.

A moeda soviética tiña o seu propio nome dentro de todas as linguas oficiais da URSS, ás veces distintos da designación rusa. Todos os billetes tiñan cadanseu valor e denominación escritos nos idiomas das repúblicas soviéticas. Hoxe en día o nome propio mantívose, por exemplo no casto de Tartaristán, onde ao rublo e ao kopek coñéceselles como sum e tien. Tras a independencia das repúblicas soviéticas, moitas mantiveron o nome local do rublo para emitir a súa propia moeda.

A continuación detállase o nome do rublo nos distintos idiomas oficiais da Unión Soviética.

Lingua Denominación Transliteración
Rublo Kopek Rublo Kopek
Ruso рубль копейка rubl’ kopeika
Ucraíno карбованець копійка karbovanets’ kopiyka
Bielorruso рубель капейка rub’el’ kapeika
Usbeco сўм тийин so'm' tiyin
Casaco сом тиын som tiyn
Xeorxiano მანეთი კაპიკი maneti kapiki
Azerí манат гəпик manat qəpik
Lituano rublis kapeika  —  —
Moldavo рублэ копейкэ rublă copeică
Letón rublis kapeika  —  —
Kirguiz сом тыйн som tyin
Taxico сўм тин sum tin
Armenio ռուբլի կոպեկ roubli kopek
Turcomán манат manat
Estoniano rubla kopikas  —  —