Bee Gees

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bee Gees
The Bee Gees.png
Orixe Manchester Flag of England.svg,
Período 1958 - 2003
Xénero(s) Pop, Disco, Soft Rock, Rock, R&B
Selo(s) discográfico(s) Festival, Polydor, Atco, RSO, Warner Bros., Rhino
Membros Barry Gibb
Maurice Gibb
Robin Gibb
Antigos membros Colin Petersen
Vince Melouney
Geoff Bridgford
Alan Kendall
Dennis Bryon
Blue Weaver

Bee Gees é un grupo musical Británico composto polos irmáns: Barry Gibb, nacido o 1 de setembro de 1946, e polos xemelgos Robin e Maurice Gibb, nacidos en 1949. O nome de Bee Gees débese ás iniciais de Brothers Gibb (irmáns Gibb), que son BG e en inglés pronúnciase Bee Gees.

Historia[editar | editar a fonte]

Na década dos cincuenta comezaban a actuar en público, en pequenos concertos na súa terra natal. En 1958 a familia dos Gibb múdase a Brisbane, onde os irmáns seguen desenvolvendo as súas actividades artísticas. Así, logo de tocar en diversos clubs, asinan no ano de 1963 o primeiro contrato coa RSO e un ano despois gravan o seu primeiro álbum. No ano de 1966 conseguen o seu primeiro número un en Australia co tema "Spicks and specks". Un ano despois regresan a Inglaterra.

No ano de 1967 lanzan o seu primeiro álbum en Inglaterra, First, conseguindo un éxito e unha soa inspiración da música de The Beatles editando temas como "Holiday" "New York Mining Disaster 1941", "Every Christian Lion Hearted Man Will Show You". Todas as cancións foron compostas por Barry Gibb, con só 19 anos.

Despois de que se mudan a Miami co produtor Arif Mardin, comezan a etapa americana co disco Mr. Natural, no ano de 1974 e Main Course, un ano despois. O estilo evoluciona desde a música romántica e sentimental ata o Rhythm & Blues.

Pouco despois pasáronse á música disco, anticipándose ao que logo sería a moda. Editan Children of the world conseguindo o número un coa canción "You should be dancing".

En 1977 chega o maior éxito a nivel mundial da banda sonora Saturday Night Fever, o selo da película do mesmo título.

No ano de 1979 publican Spirits having flown, conseguindo varios número un con temas melancólicos como "Tragedy" e "Too much heaven". O seu estilo agora é novamente melódico nas súas letras, aínda que con ritmo máis vivo.

En 1981 editan Living eyes, mentres se toman un descanso na súa carreira como grupo para iniciar traballos en solitario, aínda que o primeiro foi Barry, quen colabora en composicións para outros artistas como Barbra Streisand, Diana Ross, Bryan Adams e Kenny Rogers.

No ano 1987 vólvense a reunir para gravar o álbum "E.S.P.", e 4 anos despois One. Catro anos despois editan High civilization, e en 1993 Size isn't everything. En 1997 editan Still waters, no que os Bee Gees cegan a medio mundo coas súas voces. En 2001 sae á venda "This is where I came in", que foi moi ben recibido polo público e foi o último disco gravado antes da morte de Maurice dous anos despois. Nese mesmo ano edítase e sae á venda The record unha compilación do mellor dos irmáns Gibb. En 2004 aparece Number Ones outra compilación, e en 2005 aparece Love Songs unha compilación das mellores cancións de amor dos Bee Gees. Desde 1987 traballan no seu propio estudo de gravación en Miami (Florida). A canción You Win Again (1987) converteuse nun éxito internacional.

Álbums de estudo[editar | editar a fonte]

1967 - Bee Gees 1st

1968 - Horizontal

1968 - Idea

1969 - Odessa

1970 - Cucumber Castle

1970 - 2 Years On

1971 - Trafalgar

1972 - To Whom It May Concern

1973 - Life in a Tin Can

1974 - Mr. Natural

1975 - Main Course

1976 - Children of the World

1979 - Spirits Having Flown

1981 - Living Eyes

1987 - E.S.P.

1989 - One

1991 - High Civilization

1993 - Size Isn't Everything

1997 - Still Waters

2001 - This Is Where I Came In

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bee Gees