María Teresa Fernández Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Teresa Fernández Rodríguez
Biografía
Nacemento15 de setembro de 1913 Editar o valor em Wikidata
Chantada, España Editar o valor em Wikidata
Morte20 de xuño de 1973 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Chantada, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfarmacéutica Editar o valor em Wikidata

María Teresa Fernández Rodríguez, nada en Chantada o 15 de setembro en 1913 e finada no mesmo concello o 20 de xuño de 1973,[1][2] foi unha farmacéutica galega. e unha das primeiras docentes da Universidade de Santiago de Compostela.[3][4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cursou o bacharelato no Instituto de Lugo e posteriormente estudou na Facultade de Farmacia, destacando as súas cualificacións en Análise Químico.[5] No curso 1933-34 foi Profesora Auxiliar de Prácticas de Química Analítica na Facultade de Farmacia de Santiago de Compostela.[6]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Froito do traballo de investigación en colaboración con Aniceto Charro Arias resultan as publicacións :

  • Análisis de los mostos gallegos, La Voz de la Farmacia, 44, 1933, p. 487-488.[7]

e outras dúas publicadas na revista Anales (Composición química de productos alimenticios gallegos e Análisis de las aguas minero-medicinales de Galicia). [5][6]

Na época da guerra civil volve a Chantada, onde rexentou unha botica até a súa xubilación.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pintos Barral, Xoana e Liste, Socorro. "Las primeras docentes de ciencias en la Universidad de Santiago." (PDF). Consultado o 30-12-2020. 
  2. Fernández (2021)
  3. Gurriarán (2006)
  4. García, Consuelo Flecha (2010). "Profesoras en la Universidad. El tránsito de las pioneras en España". Arenal: Revista de historia de mujeres 17 (2): 255–297. ISSN 1134-6396. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Fernández (2019)
  6. 6,0 6,1 Pintos (2016)
  7. Arias, Beatriz Brasa (2011). "La Facultad de Farmacia de Santiago de Compostela (1900-1971)" (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]