Celsa Pérez Moreiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCelsa Pérez Moreiras
Biografía
Nacemento1912 Editar o valor em Wikidata
León, España Editar o valor em Wikidata
Morte2010 Editar o valor em Wikidata (97/98 anos)
Actividade
Ocupaciónfarmacéutica Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 360345


Celsa Pérez Moreiras, nada en León o 25 de decembro de 1912 e finada en Madrid en 2010,[1] foi unha farmacéutica vinculada a Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela entre 1928 e 1932. Posteriormente trasladou o expediente a Madrid, aloxándose na Residencia de Estudiantes,[2] e alí traballou no Instituto de Patología Médica do Hospital General de Madrid, dirixido por Gregorio Marañón, publicando dous traballos de investigación.[3]

Foi unha das primeiras docentes de Ciencias na Universidade de Santiago de Compostela, xa que no ano 1933 impartiu clases prácticas da materia de Técnica Física.[4][5] Traballou co catedrático de Farmacia Aniceto Charro, no Instituto de Estudos Regionales e no Laboratorio de Bromatoloxía do Seminario de Estudos Galegos, do que foi colaboradora. Tras o golpe militar de xullo de 1936, foi voluntaria no Laboratorio de Farmacia Militar de Santiago.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Liste e Pintos
  2. Ramil, Raquel Vázquez (2012). "Mulleres galegas na Residencia de Señoritas de Madrid, «cando van, van como rosas…»". Sarmiento. Revista Galego-Portuguesa de Historia da Educación 16: 101–120. ISSN 2659-9589. doi:10.17979/srgphe.2012.16.0.4097. 
  3. Pintos (2016)
  4. Pintos (2016)
  5. García, Consuelo Flecha (2010). "Profesoras en la Universidad. El tránsito de las pioneras en España". Arenal: Revista de historia de mujeres 17 (2): 255–297. ISSN 1134-6396. 
  6. Brasa Arias, B.; Landín Pérez, M. (xullo 2011). "El trabajo de las mujeres voluntarias en el Laboratorio de Farmacia Militar de Santiago de Compostela (1936-1939)". Sanidad Militar 67: 177–192. ISSN 1887-8571. doi:10.4321/S1887-85712011000300002. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]