Rebeca Atienza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rebeca Atienza
Nacemento1977
 Ferrol
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónveterinaria e primatóloga
editar datos en Wikidata ]

Rebeca Atienza, nada en Ferrol en 1977, é unha veterinaria galega. É directora do Centro de Rehabilitación de Chimpancés de Tchimpouga, na República Democrática do Congo, dependente do Instituto Jane Goodall.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou veterinaria na Universidade Complutense de Madrid. No ano 2005 comezou a colaborar na ONG Help Congo nun proxecto de reintrodución de primates feridos no Parque Nacional de Conkouati Douli, na República Democrática do Congo. Levaba 10 meses cando a primatóloga Jane Goodall fixouse no seu traballo e propúxolle dirixir o centro de rehabilitación de Tchimpounga. Neste centro fundado en 1997 coidan e protexen a uns 150 chimpancés co propósito de tornalos á selva ao mesmo tempo que desenvolven un labor de educación e sensibilización sobre estes animais dirixida á poboación da zona.

O Concello de Ferrol concedeulle o Premio 8 de Marzo no ano 2019 en recoñecemento ao seu traballo e impecable traxectoria.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Corral, Marta. "Ferrol reconoce a la científica Rebeca Atencia en su premio feminista". Ferrol360 (en castelán). Consultado o 2019-03-10. 
  2. Ferrol, Diario de. "La científica Rebeca Atencia recoge el premio 8 de Marzo en una gala llena de recuerdos y emociones". Diario de Ferrol (en castelán). Consultado o 2019-03-10. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]