A ciencia e a igualdade de xénero son vitais para realizar os Obxectivos de Desnvolvemento Sostible, incluídos na Axenda 2030. Nos últimos 15 anos, a comunidade internacional fixo un grande esforzo inspirando e promovendo a participación das mulleres e as nenas na ciencia. Desafortunadamente, elas seguen enfrontándose a barreiras que lles impiden participar plenamente nesta disciplina. De acordo cun estudo realizado en 14 países, a probabilidade de que as estudantes rematen unha licenciatura, unha mestría e un doutoramento nalgunha materia relacionada coa ciencia é do 18%, 8% e 2%, respectivamente, mentres que a probabilidade para os estudantes masculinos é do 37%, 18% e 6%.
O 14 de marzo de 2011 a Comisión da Condición Xurídica e Social da Mulleraprobou o informe no seu 55º período de sesións, coas conclusións sobre o acceso e a participación da muller e a nena na educación, a capacitación e a ciencia e a tecnoloxía.[3]
O 20 de decembro de 2013, a Asemblea Xeral aprobou a resolución relativa á ciencia, a tecnoloxía e a innovación para o desenvolvemento, na que recoñeceu que o acceso e a participación plenos e en condicións de igualdade na ciencia, a tecnoloxía e a innovación para as mulleres e as nenas de todas as idades eran imprescindibles para lograr a igualdade entre os xéneros e a potenciación da muller e a nena.