María de la Concepción Carnero Valenzuela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
María de la Concepción Carnero Valenzuela
Nacemento 6 de decembro de 1909
  Santiago de Compostela
Falecemento 2001
  Madrid
Nacionalidade España
Educada en Universidade de Santiago de Compostela
Ocupación química e profesora
editar datos en Wikidata ]

María de la Concepción Carnero Valenzuela, nada en Santiago de Compostela o 6 de decembro de 1909, foi unha química galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Realizou estudos superiores na Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela entre 1927 e 1932. Foi unha das primeiras docentes de Ciencias na Universidade de Santiago de Compostela, xa que foi profesora axudante na materia de Química Orgánica en 1933 e de Complementos de Química en 1934. Ademais foi profesora axudante de clases prácticas no curso 1935-1936[1].

Tamén deu clases de Química, Física, Ciencias Naturais e Matemáticas no Colexio Nosa Señora dos Remedios, en Santiago.[1]

Traballou xunto a Fernando Calvet no estudo das dioxinas[2], co que publicou os seguintes artigos[3]:

Logo do contacto coas relixiosas do Colexio Nosa Señora dos Remedios, rematou por entrar na orde da Compañía das Fillas da Caridade.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Liste López, Socorro; Pintos Barral, Xoana. Las primeras docentes de ciencias en la Universidad de Santiago. (PDF). 
  2. Indizado en Chemical Abstracts 26, 4605 (1932)
  3. Díaz-Fierros Viqueira; Francisco. "Fernando Calvet Prats". Álbum da Ciencia. Consultado o 13 marzo de 2018. 
  4. Flecha García, Consuelo (2015). "Ganando espacios en la universidad española en la primera mitad del siglo XX". Comiendo del fruto prohibido: Mujeres, ciencia y creación a través de la historia. Icaria. pp. 103–135. ISBN 978-84-9888-495-1. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]